EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Programa de Conciliación de Verán volve en setembro con máis actividades
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 rematou a súa quenda de xullo cunha xornada de actividades no Parque Eugenio Granell. As Escolas de Verán volven en setembro, con actividades os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 do devandito mes.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa en "Música en Compostela" con dous concertos
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 9 de agosto, e o segundo o venres día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
MOBILIDADE
O casco histórico contará con 68 novos aparcabicis dende este mes de agosto
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación para darlles a coñecer os novos aparcabicicletas que se están a instalar no casco histórico durante este mes de agosto.