IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron esta fin de semana dúas vítimas, unha en Ibiza e outra en Esplugues de Llobregat (Barcelona).
ACCIÓN CULTURAL
Obradoiros, proxeccións e música na 30ª Semana Cultural de Conxo
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou en rolda de prensa as actividades da 30ª Semana Cultural de conxo, que se desenvolverán no barrio do 20 ao 24 de setembro.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais logra cubrir todas as prazas ofertadas para o curso de posgrao de especialización orquestral
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral tivo esta fin de semana as súas probas para cubrir cinco prazas (tres de violín e dúas de viola) que quedaran vacantes na convocatoria do mes de xuño. Cubríronse as 18 prazas ofertadas para este curso académico, que permitirán aos admitidos e admitidas realizar prácticas tocando en concertos coa Real Filharmonía de Galicia.