ACCIÓN CULTURAL
O relato curto e o teatro protagonizan as novas actividades dos centros socioculturais para os vindeiros meses
A literatura vai ser protagonista de dúas das novas actividades que se desenvolverán na Rede de Centros Socioculturais nos próximos meses. A concelleira Branca Novoneyra presentou hoxe esas iniciativas: as sesións de Liñas Paralelas, que vai dirixir Pepe Sendón, e un Obradoiro de Dramaturxia, a cargo de Roi Vidal.
POLÍTICAS SOCIAIS
Xa se poden solicitar as prestacións sociais de "Compostela Máis"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, anunciou esta mañá que xa está en vigor a ordenanza Compostela Máis de garantía básica cidadá, composta pola Renda Municipal e polas Prestacións de Rescate Social.
ALCALDÍA
Reunida a mesa de diálogo coa hostalería
O alcalde de Santiago presidiu hoxe a reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. Na xuntanza participaron tamén os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG. Pola parte do sector hostaleiro participaron membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.
CONSORCIO
Unha mostra fotográfica do 20º aniversario da Real Filharmonía pode visitarse nos CSC de Vite, Santa Marta e Fontiñas
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana concertos gratuítos nos centros socioculturais de Vite (hoxe, mércores 5), Santa Marta (mañá, xoves 6) e Fontiñas (venres día 7). No marco desta iniciativa, os tres centros acollen ademais unha exposición conmemorativa do 20º aniversario da orquestra. É unha selección de instantáneas de Luis Soto, amante da fotografía e frautista da agrupación.
TURISMO
Nove longas documentais no Womex Film Nights, aberto ao público
O Womex 2016, que ten entre os seus patrocinadores ao Concello de Santiago, a través de Incolsa, amplía o seu campo de operacións dende á música ao cine máis directamente emparentado coa música. Womex Film Nights é o nome da sección cinematográfica do festival que se celebrará entre 20 e o 22 de outubro e que ofrecerá un total de nove títulos no Museo das Peregrinacións. Esta é a primeira vez que este festival cinematográfico se celebra de maneira aberta aos públicos...
FACENDA
Mañá xoves remata o prazo para facer propostas de actividades de mocidade dentro dos Orzamentos Participativos
Mañá, xoves 6, ás doce da noite pecharase a opción de facer propostas para a área de Mocidade na páxina dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.
TURISMO
Presentada en Madrid a oferta turística e cultural das Cidades Patrimonio
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entidade que reúne as 15 cidades inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, presentou onte á noite no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid a oferta turística e cultural das cidades pertencentes á rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Conca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. A concelleira de Turismo, Marta Lois, representou a Santiago neste acto.
CONSORCIO
Un libro recolle a expansión urbana da cidade entre 1778 e 1950, a través dos seus ensanches residencial, universitario e de esparexemento
O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar Periferias y (Des)bordes, o segundo tomo da investigación Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950, do arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa Buján. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na sede da Fundación Granell. Ao acto asistiron, ademais do autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de.../em>