FACENDA
O Goberno local inicia o proceso para a elaboración dos orzamentos do 2017
A Concellaría de Economía e Facenda remitiu xa aos diferentes departamentos do Concello as fichas técnicas que permitirán comezar a elaborar os orzamentos do vindeiro ano 2017 para que sexan devoltas polos centros xestores.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa para este mes un obradoiro sobre traballo comunitario
En outubro, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) programa unha chea de actividades. Ademais das habituais, este mes haberá formación sobre metodoloxías de traballo comunitario para calquera sector que traballe directamente con grupos diversos na toma de decisións.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O Concello e Viaqua traballan nunha solución para os asolagamentos en Frei Rosendo Salvado
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar os motivos dos asolagamentos rexistrados na tarde de onte no cruce entre Entrerríos e Galeras e na rúa de Frei Rosendo Salvado. Xan Duro adiantou que o Concello e Viaqua están estudando solucións técnicas nos dous puntos, que presentan problemas estruturais "que afloran en episodios tormentosos coma o de onte, no que caeron 14 litros de auga por metro cadrado en só 10 minutos".
ALCALDÍA E TURISMO
Womex'16 converte a Santiago de Compostela no maior escaparate musical do mundo
Quedan seis días para que chegue a Santiago Compostela a vixésimo segunda edición de Womex, a maior feira internacional das músicas do mundo. Terá lugar do 19 ao 23 de outubro na Cidade da Cultura e en varios espazos da Cidade Vella, que acollerán a máis de 300 músicos de todo o planeta, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Xuntanza en Santiago do Secretariado Executivo de Educación do Eixo Atlántico
As cidades que constitúen o Secretariado Executivo do Eixo Atlántico celebraron unha xuntanza na que participaron representantes das cidades de Mirandela, Vilagarcía de Arousa, Vila Real, Ferrol, Vila Nova de Famaliçao, Santa María da Feira e Santiago de Compostela. Os participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Martiño Noriega; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; e outros membros da Corporación.
DEPORTE
Mañá venres comeza o curso "Recoñece a túa excelencia"
Mañá venres comeza o curso Recoñece a túa excelencia, dirixido a mozos e mozas de Compostela de entre 14 e 16 anos. Aínda queda algunha praza para esta iniciativa, que busca que os/as participantes poidan recoñecer as habilidades coas que contan e explotalas ao máximo.
COMERCIO
Oito establecementos protagonizan a exposición "De tendas. O comercio, emblema dunha cidade"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou a exposición De tendas. O comercio, emblema dunha cidade", organizada polo Departamento de Comercio do Concello e que quere servir de homenaxe a oito comercios que son un emblema en Compostela, non só polos anos de vida senón pola súa importancia.
ACCIÓN CULTURAL
Inauguración de "Afirmo que todo funcionará", de Jacobo Bugarín, na Zona "C"
A Zona "C" acolle mañá venres, ás 20:00 horas, a inauguración da intervención de Jacobo Bugarín Afirmo que todo funcionará. No acto, o artista estará acompañado da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.