POLÍTICAS SOCIAIS
"Retratos sobre fondo negro" achéganos a experiencia de superación de Pilo Gallizo
A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde organiza, en colaboración coa Asociación Tiresias Galicia, Discapacidade Visual: B1+B2+B3, un acto de sensibilización e visibilización da discapacidade visual que contará coa presenza de personalidades de prestixio. Estarán o Dr. Francisco Gómez-Ulla, xefe do Servizo de Oftalmoloxía do CHUS e director do Instituto Oftamolóxico Gómez-Ulla; Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social; Lourdes Díaz, presidenta da Asociación...
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o Camiño Primitivo en Lugo
O alcalde de Santiago participou hoxe nun acto organizado polo Concello de Lugo no marco das festas de San Froilán para poñer en valor o Camiño Primitivo. Martiño Noriega foi un dos rexedores convidados a facer un percorrido por un tramo desta ruta, entre a Porta de San Pedro e a Porta Miñá, xunto coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o alcalde de Oviedo, Wenceslao López. Tamén participaron os alcaldes de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga; Castroverde, Xosé María Arias; o tenente de alcalde da...
DEPORTE
Mañá remata a inscrición para a última proba do CorreSan do 15 de outubro
O V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chega ao seu final coa celebración da última proba deste 2016, que será a Ruta dos Parques de Compostela. CorreSan é o programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes.
FACENDA
Seguen as asembleas de votación de propostas dos OP, hoxe para a área Sueste
A primeira asemblea de decisión dos Orzamentos Participativos convocou este luns na Casa das Asociacións de Cornes a representantes de asociacións veciñais e habitantes da área rural compostelá. Os asistentes ao encontro puideron analizar, debater e defender algunhas das 86 propostas que hai rexistradas neste proceso, dun total de 126 presentadas.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade na principal feira turística de Italia
Turismo de Santiago promocionará a cidade na TTG Incontri, a feira de turismo cultural máis importante de Italia, que terá lugar en Rimini entre o 13 e o 16 de outubro. Trátase do maior foro de contratación do sector turístico italiano, xa que convoca a maior parte dos operadores turísticos do país.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra o primeiro concerto para nenos e familias desta temporada
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia. O primeiro será este xoves, 13 de outubro, co que arrinca a súa temporada de abono, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, o venres, ás 18:30 horas, parte do concerto repetirase para o público máis novo e para as familias, no marco do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!
ACCIÓN CULTURAL
Ábrese o prazo para a viaxe ao Allentejo portugués do programa "Imos de excursión"
Este vindeiro xoves,13 de outubro, a partir das 17:00 horas, abrirase o prazo de inscrición para a próxima excursión do programa municipal Imos de Excursión 2016. Nesta ocasión, a visita de tres días, do 29 ao 31 de outubro, é a Portugal, á rexión do Allentejo-Litoral.
MEDIO AMBIENTE
En marcha un proxecto piloto de illas de compostaxe comunitarias
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia está instalando tres illas de compostaxe comunitarias nos barrios de Galeras, Santa Marta e Salgueiriños. Trátase dun proxecto piloto que o departamento de Xan Duro pon en marcha co obxectivo de "implicar e concienciar ás familias compostelás da necesidade de que sexan responsables coa xestión dos residuos que xeran".
IGUALDADE
O Concello asina un convenio con Cáritas para o programa Vagalume
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asinou esta mañá un convenio de colaboración con Cáritas para o desenvolvemento do seu programa Vagalume de atención a mulleres en contextos de prostitución.