POLÍTICAS SOCIAIS
Novos convenios con Cáritas, Sarela, Proxecto Home e a Asemblea de Cooperación pola Paz
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou esta mañá catro novos convenios con entidades sociais da cidade por un importe total de 157.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con Sarela, Asemblea de Cooperación pola Paz, Proxecto Home e Cáritas.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima esta fin de semana en Ávila.
LINGUA
A programación infantil con Apego vístese de outono
O alcalde presentou hoxe a programación infantil con Apego para o outono. Martiño Noriega lembrou que "é o terceiro trimestre consecutivo no que o Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión".
COMERCIO
O programa "Comercios emblemáticos" buscará o recoñecemento a negocios cunha especial traxectoria
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou un novo programa desenvolvido dende o Departamento de Comercio que ten como finalidade recoñecer a traxectoria de negocios emblemáticos da cidade. Por iso a iniciativa leva por nome Comercios emblemáticos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia inicia a súa tempada coa estrea da obra "Pasaxes" do compositor galego Fernando Buide
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos na súa sede, o Auditorio de Galicia. O primeiro será este xoves, 13 de outubro, co que arrinca a súa tempada, ás 20:30 horas. O venres, ás 18:30 horas, parte do concerto repetirase para o público máis novo e para as familias, no marco do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas...
MEDIO AMBIENTE
O IDAE rectifica e Santiago optará a 1,5 millóns de euros para renovar o alumeado
O Consello de Administración do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) vén de estimar a reclamación presentada o pasado mes de xullo polo Concello compostelán contra a denegación da solicitude dun préstamo reembolsable para renovar o alumeado público por ter incluído un documento en galego. O alcalde, Martiño Noriega deu conta da notificación recibida hoxe, que permite que Santiago volva optar a recibir un préstamo de case 1,5 millóns de euros para actuar en 2.500 puntos...
ACCIÓN CULTURAL
"semente. 15 anos apoiando a arte emerxente", nova exposición no Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia inaugura mañá martes, 11 de outubro, unha nova mostra na sala Isaac Díaz Pardo. Trátase de semente. 15 anos apoiando a arte emerxente, un proxecto no que os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre fan unha selección de obras cuxos autores tiveron traballos seleccionados nos Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas.
ACCIÓN CULTURAL
Pablo Fidalgo Lareo presenta "Habrás de ir a la guerra que empieza hoy" dentro do ciclo de Teatro & Danza
"Ao meu querido irmán Manolo, coa añoranza dos anos e a distancia". Esta dedicatoria nun manual de origami que Pablo Fidalgo Lareo atopa nun andel da súa casa é o inicio de Habrás de ir a la guerra que empieza hoy. Poderemos vela mañá martes 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Agustín Magán, no CSC de Santa Marta. Poden mercarse as entradas na billeteira do Teatro Principal no seu horario habitual e no propio centro sociocultural dende unha hora antes de que inicie o espectáculo a un prezo de 10...