ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a embaixadora de Australia, Virginia Jane Greville
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi á embaixadora de Australia, Virginia Jane Greville, quen asinou no Libro de Honra.
COMERCIO
Marta Lois aposta polo comercio tradicional e pola diversificación de usos para manter un casco histórico vivo e dinámico
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á inauguración do IX Congreso Compostela Monumental "Turismo, Comercio, Europa, Innovación: 30 anos fortalecendo as áreas comerciais urbanas".
ALCALDÍA
O alcalde recibirá os representantes veciñais de Santiago de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo
Os convites para que a cidadanía presenciase os pasados Fogos do Apóstolo iniciaron unha nova etapa na que o Goberno local quere abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas. Nesta liña e con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán mañá venres no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais.
ALCALDÍA
O Goberno municipal reafirma o seu compromiso por un Concello laico
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuníronse con representantes da asociación Europa Laica, que nestes días participa nun curso de verán organizado pola Universidade de Santiago.
FESTAS
Concerto da Real Filharmonía na Quintana e fogos fin de festa para pechar o Apóstolo 2015
As festas do Apóstolo chegan ao seu fin este venres 31 cunha xornada cargada de propostas interesantes. Comezamos ás 20:00 h co pasarrúas a cargo da Trova de Celaya (México), animación que logo continguará da man da Charanga Compostela a partir das 21:30 h. Os pratos fortes serán o concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 21:00 h na praza da Quintana e os fogos fin de festa dende o Campus Sur ás 23:30 h. Ademais, a partir da medianoite estará a Orquestra Fórmula no paseo central da Alameda.
FESTAS
Variedade de públicos e estilos na penúltima velada musical do Apóstolo
A penúltima xornada das festas do Apóstolo xuntou na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística.
CONSORCIO
Unhas 7.000 persoas xa visitaron a mostra fotográfica de Ramón Sánchez Estalote
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións arredor de 7.000 persoas.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación
O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.