CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago súmase á campaña de vixilancia e control das condicións dos vehículos
Entre os días 6 e 12 de xullo, a Policía Local de Santiago adhírese á programación das campañas e operacións para o ano 2015 impulsadas pola Dirección Xeral de Tráfico levando a cabo nesta ocasión unha campaña de vixilancia e control das condicións dos vehículos.
ACCIÓN CULTURAL
Estevo Creus con Pablo Seoane, Pulsat Percussion Group e Diego Ares, novas propostas do Festival Via Stellae
A programación do Via Stellae para os próximos días ofrécenos dúas posibilidades o sábado e unha o luns arredor de diferentes tipos de música. A xornada do sábado comeza ás 20:00 horas no CGAC co poeta Estevo Creus e o pianista Pablo Seoane, dentro da sección Off#Stellae… improvisando!!, e remata ás 22:00 horas na Igrexa da Universidade cunha proposta da mesma sección pero co Pulsat Percussion Group. Xa o luns poderemos escoitar a Diego Ares, un talento galego ao clave, a partir das 20:30 horas no Paraninfo da...
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde aposta por introducir a moratoria de licenzas e a limitación de usos na revisión do Plan Especial da Cidade Histórica
O alcalde compostelán e voceiro da Xunta de Goberno, Martiño Noriega, deu conta da addenda pola que se reaxustan as anualidades no financiamento da redacción da revisión do Plan Especial de Protección da Cidade Histórica. A propósito desta modificación, anunciou a intención de garantir na mesma a participación cidadá e de introducir criterios relacionados coas moratoria de licenzas para hoteis con encanto ou coa limitación de usos no casco histórico.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello destina 200.000 euros ao plan de obras de verán nos centros educativos
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, deu conta en rolda de prensa do plan de obras de verán na rede de centros de educación infantil e primaria de Santiago. A empresa adxudicataria do mantemento realizará traballos por importe de 200.000 euros en 24 equipamentos educativos.
DEPORTE
Santiago participará do 5 ao 10 de xullo nos XI Xogos do Eixo Atlántico
O Concello de Santiago participará nos XI Xogos do Eixo Atlántico, que se desenvolverán do 5 ao 10 de xullo nas cidades portuguesas de Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos. A delegación compostelá está integrada por 58 persoas (47 competidores e 11 adestradores ou delegados), distribuídas nas especialidades de atletismo para discapacitados, baloncesto masculino e feminino, fútbol 7 masculino e natación masculina e feminina.