ALCALDÍA
O Concello sorteará 25 convites dobres para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo de convidados a carón do Hostal
Cumprindo o compromiso do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos á cidadanía, o Concello vai sortear 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar os Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado para convidados a carón do Hostal dos Reis Católicos.
FESTAS
Imelda May e o peche da programación de Artellando coa Romaría Cativa de Bonaval, na xornada do xoves das festas do Apóstolo
Artellando pon punto e final á súa programación este xoves pola tarde con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval que se celebra de 16:00 a 21:00 horas. Na xornada deste xoves teremos tamén Artellando nos barrios e nos recunchos pola mañá e á noitiña; concerto da Banda Municipal xunto a Cantigas e Agarimos en Praterías ás 20:00 h e pechamos o día con Imelda May e Rockin’ Corsarios ás 21:00 h na praza.../em>
FESTAS
Xornada de circo e folk nas festas do Apóstolo
O parque de Belvís converteuse este mércores nun gran parque do circo, grazas á Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ao tempo, pero na praza da Quintana, soou o folk de formacións como Pepe Vaamonde Grupo ou Tis Che Tein.
ALCALDÍA
Concello e TSXG colaborarán na busca de protocolos que permitan detectar antes os casos de desafiuzamento
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse na Coruña co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, co que falou sobre desafiuzamentos. A vontade municipal é a de buscar fórmulas de colaboración que permitan detectar con maior precocidade estes casos, non nos seus estados finais, de xeito que os servizos sociais poidan actuar antes e con máis eficacia.
CONVIVENCIA
Seguridade no Apóstolo, recomendacións e reforzo do servizo de transporte urbano
A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia comunica que, por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral.