MOCIDADE
A Concellaría de Mocidade continúa coas actividades do seu programa Verán Activo
Durante esta semana, un grupo de rapaces e rapazas de 14 a 18 anos participan en Portonovo no Surf Camp, unha das propostas de lecer e aventura organizada pola Concellaría de Mocidade dentro do seu programa Verán Activo 2015. Na semana anterior, outro grupo de rapaces participaron nun campamento en Teverga (Asturias) e, o martes 21 de xullo, celebrarase unha xornada multiaventura en Carcacía.
ALCALDÍA
Apoio do Foro Cívico Empresarial á demanda dunha verdadeira estación intermodal
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega e varios concelleiros do Goberno local reuníronse en Raxoi co Foro Cívico Empresarial. Na xuntanza, abordouse a posición das institucións representadas sobre a intermodal.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as reparacións en 23 parques infantís para adaptalos á normativa vixente
A Xunta de Goberno adxudicou o servizo de reparación de parques infantís para obter a certificación do cumprimento da normativa vixente, por un importe de 37.490 euros máis IVE.
FESTAS
Verónica Boquete presumirá de "orgullo picheleiro" para convidar os composteláns a vivir as festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo arrancan esta note co pregón dende os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Verónica Boquete. A futbolista santiaguesa mantivo un contacto previo cos medios de comunicación acompañada polo alcalde, Martiño Noriega, e pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.
ACCIÓN CULTURAL
Coros de zarzuela para abrir a participación da Banda Municipal nas festas do Apóstolo
A Banda Municipal de Música de Santiago inaugura o seu ciclo especial de concertos dentro das festas do Apóstolo este domingo 19, ás 22:00 horas, acompañada do Coro Liceo de Vilagarcía.
FESTAS
Verónica Boquete abriu as festas do Apóstolo mostrando o seu orgullo por levar o nome de Santiago de Compostela polo mundo
Verónica Boquete foi a encargada do pregón co que se iniciaron as festas do Apóstolo. A futbolista compostelá indicou que "sensación de ledicia" por ser a pregoeira era " impagable" e agradeceu a confianza por ter sido elixida para este cometido. "Estar aquí impresiona, e claro que é pola Catedral, pero tamén por todos vós", díxolles aos presentes na praza do Obradoiro.
FESTAS
Xornada de Folclore Galego, Torneo da Chave e o arranque de Artellando, programa do sábado das Festas do Apóstolo
Tras o pregón da compostelá Vero Boquete na noite do venres, o sábado metémonos xa de cheo nas festas do Apóstolo cun programa cargado de actividades variadas. Ás 17:00 h comeza o Torneo de Chave na Alameda e celebraremos a Xornada de Folclore Galego a partir das 21:00 h na praza da Quintana. Ademais, durante todo o día desenvólvese o programa Artellando: dende as 12:30 h da mañá teremos Artellando nos barrios; a partir das 21:30 h artellaremos nos Currunchos e pechamos a xornada ás 23.00h con.../em>