POLÍTICAS SOCIAIS
Noriega reitera o compromiso de duplicar o gasto social e fixa como meta a "recuperación da dignidade" da cidadanía excluída
O alcalde de Santiago, Mariño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantiveron sendas xuntanzas con representantes da Rede Galega contra a Pobreza e de Stop Desafiuzamentos. Con estas reunións, en palabras do rexedor municipal, "quixemos simbolizar o que para nós é unha prioridade nesta lexislatura: erguer a bandeira social nas políticas do Concello".
DEPORTE
A Quintana acolle este sábado a primeira proba da Copa Galega de Escalada en Bloque
A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou a primeira proba da Copa Galega de Escalada en Bloque, que se celebrará este sábado 27 de xuño na praza da Quintana. O Concello de Santiago colabora co Club Deportivo Fontiñas e coa Federación Galega de Montañismo na organización deste evento.
ACCIÓN CULTURAL
Poemas e danzas no concerto dos xoves da Banda Municipal de Música
A Banda Municipal de Santiago dedica o seu concerto deste xoves á música descritiva. A actuación, titulada Poemas & Danzas celebrarase, como é habitual no Ciclo de Verán, na praza das Praterías, ás 20:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Este sábado 27 de xuño celebrarase en Conxo unha nova entrega do programa Imos ao baile, organizado pola Concellaría de Acción Cultural.
ALCALDÍA
Continúa o diálogo entre os grupos municipais cara ao pleno de constitución
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, expresou a vontade do Goberno municipal de convocar o pleno de constitución para finais da semana vindeira. Así o anunciou tras a segunda xunta de voceiros, na que se volveu tratar o réxime dedicacións exclusivas, persoal eventual e remuneracións, así como a representación en comisión informativas e organismos municipais.
CONSORCIO
Unhas 6.000 persoas xa visitaron na Casa do Cabido a mostra conmemorativa dos 125 anos da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo
A Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle dende finais de febreiro a exposición CENTO25 sinerxias creativas, que conmemora os 125 anos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, con sede en Santiago. A mostra creárona os alumnos da especialidade de Arquitectura Efémera do centro como un proxecto dos seus estudos.
MOBILIDADE
Entran en vigor o 1 de xullo os horarios de verán no servizo de transporte urbano
O vindeiro 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano prodúcese un aumento de servizos respecto ao anterior verán.