CULTURA
Carmen Boza presenta o seu novo traballo dentro do ciclo Íntimo & Acústico
A gaditana Carmen Boza estará este venres en Compostela para presentar o seu novo traballo, La mansión de los espejos. Será no Salón Teatro a partir das 21:00 horas e enmarcado dentro do ciclo Íntimo & Acústico. As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 € o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, o día do concerto, dende dúas horas antes de que comece, tamén se...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades do programa "Ler, contar e gozar coas letras" cun recital poético de Fran Alonso no CSC das Fontiñas
O martes 16 de xuño, ás 20:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá unha nova actividade para a dinamización da poesía no marco da campaña Ler conta moito e do programa "Ler, contar e gozar coas letras, organizados dende a Concellaría de Cultura.
ALCALDÍA
Hernández destaca o esforzo realizado para "resolver os problemas cotiáns dos cidadáns, desbloquear cuestións pendentes e perfilar novos proxectos para Santiago"
O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, fixo balance dos seus 11 meses á fronte da xestión municipal, a penas dous días antes da toma de posesión da nova Corporación. Cualificou este período como "proveitoso" para a cidade, resaltando o esforzo realizado para "resolver os problemas cotiáns dos cidadáns, desbloquear cuestións pendentes e perfilar novos proxectos para Santiago de Compostela".
COMERCIO
O Concello edita unha guía para fomentar o asociacionismo e a colaboración comercial
A Concellería de Comercio vén de editar unha guía para incentivar o asociacionismo e a colaboración como vías para dinamizar o pequeno comercio. A guía, titulada Dinamización comercial. Boas prácticas e modelos de colaboración entre comerciantes, elaborouse dentro das actividades de dinamización do pequeno comercio do proxecto Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).