CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cultura conmemora o traballo de Médicos sen Fronteiras coa exposición "40 anos de acción humanitaria independente"
A Concellería de Cultura, co ánimo de apoiar e divulgar o traballo da organización médico-humanitaria de ámbito internacional Médicos sen Fronteiras, vén de programar en tres centros socioculturais durante os meses de abril, maio e xuño a exposición fotográfica 40 anos de acción humanitaria independente.
ALCALDÍA
Agustín Hernández aposta pola compra no comercio local como unha das maneiras máis sinxelas de axudar a facer unha cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu no salón vermello do Pazo de Raxoi o acto de entrega dos Premios ao Comercio Compostelán Temos un comercio de cine. Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La Reina de Saba e Corazón do Loto foron os establecementos gañadores desta edición. Nuns días, os seus nomes estarán un particular paseo das estrelas nunha rúa compostelá.
SERVIZOS SOCIAIS
"A nosa vida en positivo" arranca cun obradoiro sobre a Lei 5/200, de responsabilidade penal do menor
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu ao obradoiro realizado pola Asociación Arela no Centro Sociocultural das Fontiñas, que se enmarca dentro do programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas.
EDUCACIÓN
Sesión dedicada a educadores a cargo de Federico Delicado dentro da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acollerá este xoves 9 de abril unha sesión especial para educadores no marco da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura. A actividade estará dirixida polo ilustrador Federico Delicado, gañador do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados -convocado polo Departamento de Educación e Kalandraka Editora- coa súa obra Ícaro.
CULTURA
Once novos espectáculos para todos os públicos no segundo trimestre do ano dentro do ciclo Infantil & Familiar
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Infantil & Familiar para o segundo trimestre do ano. Serán 11 espectáculos dirixidos aos máis pequenos da casa e pensados para gozar en familia.
CULTURA
A compañía barcelonesa T de Teatre representa en Santiago "Mujeres como yo"
A compañía barcelonesa T de Teatre chega este xoves a Compostela para presentar o seu último traballo, Mujeres como yo. Será ás 20:30 horas no Teatro Principal e enmarcado dentro da programación do ciclo de Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 18 euros en anticipada e 20 euros o día do evento (16 e 18 no anfiteatro) e poden mercarse tanto no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h) como en entradas.abanca.com ou no teléfono 902 434.../em>
CULTURA
Sr. Chinarro presenta "Perspectiva caballera", o seu novo traballo, no Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock presenta en concerto a Sr. Chinarro, que achega ata Compostela o seu novo traballo, Perspectiva caballera. Será este xoves, ás 21:30 horas, na Sala Capitol. As entradas para o concerto teñen un prezo de 16 euros en anticipada e 18 euros o propio día. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21:00 horas) así como en Ticketea, A Reixa Tenda, Miranda e Sala Capitol.
TURISMO
As xornadas #ComposGastroBlog reúnen en Santiago a máis de 100 expertos en Comunicación 2.0 e Gastronomía
#ComposGastroBlog, as Xornadas de Comunicación 2.0 e Gastronomía de Santiago, reunirán no Hostal dos Reis Católicos a máis de 100 expertos no mundo da gastronomía e a súa difusión a través das redes sociais. #ComposGastroBlog celebra a súa primeira edición este xoves e venres, e servirá de antesala e plataforma de promoción de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que terá lugar entre o 16 e o 21 de abril.