ALCALDÍA
Agustín Hernández reitera a aposta polas novas tecnoloxías para mellorar a prestación dos servizos municipais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Cidade da Cultura a xornada Organización 2.0. Este evento reúne en Santiago a consultores, produtores 2.0 e empresarios que implantaron este tipo de solucións, co fin de expoñer a súa visión práctica.
ALCALDÍA
Recuperado o ritmo das obras de reurbanización no barrio de Vista Alegre
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre. Previamente, reuniuse coa Asociación de Veciños para darlle conta da situación actual das obras, logo do retraso que implicou a cesión dos traballos por parte da anterior adxudicataria á actual construtora.
MOBILIDADE
A aplicación "maisbus" permitirá aos usuarios do transporte urbano facer consultas en tempo real sobre autobuses, liñas e incidencias
TUSSA vén de poñer en macha una nova aplicación, "maisbus", que permitirá aos usuarios do transporte urbano consultar, dende calquera smartphone, información en tempo real sobre este servizo. A aplicación pódese baixar de balde.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística pon en marcha o III Concurso de Proxectos de Publicidade
A concelleira de Normalización Lingüística, María Antón, presentou a terceira edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre empresas ou establecementos comerciais e o público, así como servir de recurso para promover a calidade e a creatividade na comunicación.
COMERCIO
Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La Reina de Saba e Corazón do Loto, gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán 2015
Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La reina de Saba e Corazón do Loto son os gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán Santiago ten un comercio de cine, 2015. A entrega dos galardóns terá lugar o mércores 8 de abril no Pazo de Raxoi. Os gañadores recibirán unha figura conmemorativa deseñada polo artesán Francisco Porto Paredes.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Revisión das tarxetas de aparcamento para residentes
A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa a todos os cidadáns que o Concello está a levar a cabo a actualización e comprobación das tarxetas/distintivos de aparcamento para residentes.
SERVIZOS
Retrasarase o depósito do lixo na vía pública ata despois do paso das procesións durante a Semana Santa
Co fin de garantir unhas condicións axeitadas na cidade, e máis por mor dos milleiros de visitantes que se van achegar nesta Semana Santa, lembrase á veciñanza de Compostela, en especial á do Casco Histórico, o necesario cumprimento da normativa vixente en materia de residuos urbanos e limpeza viaria recollida na Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.