CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 2.300 persoas solicitan praza nas 242 actividades ofertadas polos centros socioculturais para o último trimestre do ano
Un total de 2.323 persoas solicitaron participar nas 242 actividades programadas para este trimestre pola Concellería de Centros Socioculturais e que terán lugar na extensa rede de centros do termo municipal a partir do martes 1 de outubro.
TURISMO
O traballo dos veciños consegue que o Entroido dos Xenerais da Ulla sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia
Os Xenerais da Ulla encabezarán o desfile do Entroido en Santiago en 2014. Farano xa co recoñecemento ao seu Entroido como Festa de Interese Turístico de Galicia. En Compostela, esta celebración ten lugar nas parroquias de Aríns, Angrois, Marrozos e O Eixo. A estas súmanse outros 23 lugares dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
XUVENTUDE
Doce novas propostas formativas da Concellería de Xuventude para os meses de outubro, novembro e decembro
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou as actividades formativas do Departamento para o último trimestre do ano. Son doce propostas diferentes que intentan atender os principais intereses e motivacións dos mozos de Compostela. A inscrición xa está aberta.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza unha Xornada de Portas Abertas co profesorado
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) realiza este martes 1 de outubro, entre as 18:00 e as 19:00 horas, unha Xornada de Portas Abertas para o profesorado dos centros escolares de Santiago.