DEPORTES E FAMILIA
Todo listo para o XXIII Día da Bicicleta
O vindeiro domingo, 29 de setembro, ás 10:30 horas, sairán do Centro Comercial As Cancelas os participantes no XXIII Día da Bicicleta. Un ano máis, o Concello aposta por esta xornada de lecer, deporte e familia, que nesta ocasión terá a súa meta na praza central da Cidade da Cultura.
DEPORTES
A Escola de Atletismo Fontes do Sar comezou a súa temporada de adestramentos
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou no Estadio de San Lázaro a Escola de Atletismo do Club Fontes do Sar. Os integrantes da Escola retomaron os adestramentos neste mes de setembro co inicio da nova temporada.
ALCALDÍA
Peregrinación a Santiago para loitar contra o estigma da enfermidade mental
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os 60 participantes na peregrinación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia).
ALCALDÍA
O alcalde compostelán eloxia a capacidade de José Antonio Souto Paz para "recoñecer o pluralismo e alentar o consenso"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a homenaxe a José Antonio Souto Paz, coa descuberta da placa que dá nome á rúa de Pontepedriña que lembra a figura do que fora alcalde da primeira Corporación democrática de Santiago de Compostela. O ex rexedor (1979-1981) e a súa familia, xunto con outros concelleiros daquela primeira Corporación, participaron no acto.
TURISMO
Vueling conectará Santiago con Málaga a partir do 21 de decembro
Vueling enlazará as cidades de Santiago de Compostela e Málaga a partir do próximo 21 de decembro e durante o resto da tempada de inverno 2013-14. A aerolínea comezará conectando ambas cidades con dúas frecuencias semanais os luns e venres para pasar a tres, engadindo o mércores, a partir do 17 de febreiro.
CULTURA
Vinte e sete eventos diferentes dentro do programa Infantil & Familiar para o último trimestre deste ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o programa do ciclo Infantil & Familiar para esta última parte do ano. En total son 27 eventos dos cales se ofrecerán 39 funcións en distintos lugares da cidade: Teatro Principal, Zona C, CGAC, Sede SGAE/Fundación Autor e Sala Agustín Magán no CSC de Santa Marta.
TURISMO
O Santiago(é)Tapas 2013 encherá de petiscos a cidade durante o mes de novembro
A VI edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 7 ao 24 de novembro. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu á presentación do certame no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela.
ALCALDÍA
O Consello da Cultura Galega celebrou o XXX aniversario da súa creación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á conmemoración do XXX aniversario da creación do Consello da Cultura Galega. No acto tamén participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
BENESTAR SOCIAL
"+ que fútbol": o deporte cun enfoque socializador, preventivo e integrador
A titular de Benestar Social, María Castelao, e a de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiron no pavillón Quiroga Palacios á actividade + que fútbol, organizada pola Concellería de Benestar Social dentro do Plan de Acción Local para a Prevención das Drogodependencias.
ALCALDÍA
Clausurado o III Festival Peregrinos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao concerto de clausura e á entrega dos premios do III Festival Internacional Peregrinos Musicais