TURISMO
Os alcades de Santiago e Tanabe reforzan a promoción conxunta de ambas cidades
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, desprazáronse á cidade de Tanabe, onde se reuniron coas autoridades locais. Tanabe é o destino de referencia do Camiño de Kumano que, xunto co de Santiago, son as únicas rutas de peregrinación declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Tras a reunión, Ángel Curras tivo a oportunidade de presentar a cidade ante os medios de comunicación locais.
DEPORTES
Santiago acolleu a saída e a chegada da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia
O ciclismo de competición volveu a Santiago grazas á segunda etapa da XII Volta Ciclista a Galicia. Foron 149 quilómetros con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. O gañador da etapa foi Jordi Simón, do conxunto Bicicletas Coluer, quen se colocou tamén líder da carreira.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A primeira representación do ciclo "FEGATEA Móvete" estreou a programación estable da Sala Agustín Magán
A Concellería de Centros Socioculturais únese ao circuíto de teatro afeccionado FEGATEA Móvete 2013 acollendo catro representacións na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta e no Centro Sociocultural de Vite. O grupo Rueiro, de Vigo, abriu o ciclo representando A miña muller e o fontaneiro.