ALCALDÍA
Máis de 200 profesionais das TIC participaron en Santiago na XI Galicia TIC
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou Galicia TIC 2013. O evento, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, reuniu a máis de 200 profesionais das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e profesores e estudantes universitarios deste ámbito.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Relacións Veciñais reparte 64.800 euros en subvencións entre todas as asociacións que as solicitaron para este 2013
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta en rolda de prensa da decisión da comisión avaliadora das subvencións veciñais para este exercicio, referendada e aprobada pola Xunta de Goberno. Todas as solicitudes presentadas, 43, foron atendidas e, delas, 13, recibiron máis de 1.800 euros, sendo o máximo de 1.900.
ECONOMÍA
Ponse en marcha o programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego "Emprende en positivo"
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, xunto co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, participou na inauguración do programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego "Emprende en positivo", no que colaboran o Concello, a Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio. O acto celebrouse no viveiro de empresas da entidade cameral.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a instalación de céspede transitable nas rúas García Lorca e Celso Emilio Ferreiro (Guadalupe)
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria desta semana, adxudicou o subministro e instalación de céspede transitable para o acondicionamento das rúas García Lorca e Celso Emilio Ferreiro, no barrio de Guadalupe. Tamén se deu o visto bo ao inicio das obras da rede de saneamento no lugar de Sarela de Arriba, na parroquia da Peregrina.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E OBRAS
Visita aos barrios de Santa Marta e Conxo
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visitaron Santa Marta e Conxo. Estiveron nos seus centros socioculturais, con intensa actividade este outono, e analizaron algunha demanda veciñal para estes barrios.