URBANISMO
O Goberno autonómico aproba a delegación no Concello das competencias para autorizar obras no ámbito do perímetro azul
O Consello da Xunta aprobou mediante decreto a delegación no Concello de Santiago das competencias para autorizar obras no ámbito do chamado perímetro azul. Estas autorizacións eran ata agora emitidas pola Dirección Xeral de Patrimonio, o que se traducía en demoras de entre dous e tres meses nos expedientes das licenzas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo a obras no rural por máis de medio millón de euros
A Xunta de Goberno aprobou os proxectos para Santiago a incluír no Plan Especial financiado pola Deputación da Coruña. Ademais, iniciouse o expediente para contratar novas obras de limpeza e desbroce nas pistas da parroquias do municipio.
DEPORTES
Camiñada solidaria ao Pedroso para loitar contra a mortalidade infantil
O Concello de Santiago, a través da concellería de Deportes, e o Club Deportivo Fontiñas, organizan un ano máis a Camiñada ao Pedroso, que xa cumpre a súa décimo primeira edición. Nesta ocasión, tal e como xa ocorrera en 2011, os fondos recadados serán a beneficio de Unicef, que os empregará nos seus programas de supervivencia infantil.
ALCALDÍA
O Museo Gaiás exhibe xuntas por primeira vez doce grandes xoias da historia galega
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia da exposición Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media. A mostra reúne 12 códices orixinais de entre os séculos IX e XV, auténticos tesouros do patrimonio documental e bibliográfico galego que por primeira vez serán exhibidos xuntos ao público.
PLENO
O Pleno ratifica a renuncia á paga extraordinaria do alcalde e dos concelleiros con dedicación exclusiva
Na súa sesión ordinaria de setembro, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a eliminación da paga extra para os seus membros con dedicación exclusiva, así como para os directores de área. Outro dos asuntos tratados foi a cesión gratuíta dunha parcela á Xunta para a construción da Escola Oficial de Idiomas.