DEPORTES
O Concello convida os composteláns a participar noutra edición do Día da Bicicleta
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXII Día da Bicicleta, que terá lugar o domingo 7 de outubro. Os composteláns están convidados a sacar un ano máis as súas bicicletas á rúa e a participar nesta xornada de lecer e convivencia.
ECONOMÍA
Santiago de Compostela, concello pioneiro na defensa da propiedade industrial e na loita contra as falsificacións
O alcalde compostelán, Ángel Curras, e o director xeral da Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA), José Antonio Moreno Campos, asinaron un convenio de colaboración para mellorar o coñecemento, a formación e a sensibilización dos dereitos de propiedade industrial, con especial relevancia das marcas e do comercio local. Santiago é o primeiro concello de España que se suma a esta iniciativa.
FAMILIA
Benestar Social duplica a partida de becas de comedor para atender as necesidades das familias máis necesitadas
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, deu conta do incremento do incremento da partida de MAPIS (Manutención, Aloxamento, Promoción e Inserción Social) e, en particular, da destinada a becas de comedor. Así, dunha partida prevista inicialmente para o curso 2012-2013 de 70.000 euros, pásase a unha de 138.000 euros. Deste xeito poderán atenderse as solicitudes para 219 nenos e nenas de familias con baixos recursos económicos.
CULTURA
Roderick Williams, Asmik Grigorian e Christoph Prégardien no XIII Ciclo de Lied
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do XIII Ciclo de Lied. Nel estarán o barítono Roderick Williams, a soprano Asmik Grigorian e o tenor Christoph Prégardien acompañados ao piano, como é habitual no ciclo, por Roger Vignoles. Os concertos celebraranse respectivamente os días 21, 25 e 29 de setembro no Teatro Principal a partir das 21:00 horas.