ALCALDÍA
O alcalde visitou as obras realizadas nos barrios de Fontiñas e Viso
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou os barrios das Fontiñas e de Viso, onde inspeccionou as obras que se están a realizar nos mesmos. Estivo acompañado polo concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e polos representantes veciñais.
MOBILIDADE
A Xunta de Goberno aproba as tarifas urbanas do servizo de taxis para 2013
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a revisión das tarifas urbanas do servizo de taxis para 2013. A suba media é dun 3,56%, case a metade do solicitado inicialmente polos propios taxistas, cos que se chegou a un acordo neste sentido tras o estudo económico da proposta. As novas tarifas entrarán en vigor o 1 de xaneiro.
XUNTA DE GOBERNO
O contrato de mantemento do cemiterio de Boisaca incluirá novos servizos adicionais
A Xunta de Goberno aprobou o inicio do expediente para adxudicar o novo contrato de conservación e mantemento do cemiterio municipal de Boisaca. Ademais, aprobáronse diversas subvencións en materia de cultura, deporte, benestar social e muller.
CULTURA
Seis obras de teatro amador na XI edición do Festival Agustín Magán
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, Chelo Pampillón; e o vicepresidente, José León; presentaron a XI edición do Festival Agustín Magán. Nel, seis compañías representativas do teatro amador galego presentan as súas obras do 6 ao 11 de decembro no Teatro Principal. As funcións serán todas ás 20:30 horas e o prezo de entrada será de 3 euros. Poderán mercarse na propia billeteira do...
DEPORTES
O Rali Botafumeiro contará cun treito urbano no Recinto Feiral de Amio
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXIV Ralli Botafumeiro, novena e última proba puntuable para o Campionato Galego de Ralis 2012. A competición, organizada pola Escudería Compostela desenvolverase o sábado 1 e o domingo 2 de decembro.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente o regulamento de venda ambulante
O Pleno da Corporación aprobou inicialmente, na súa sesión ordinaria de novembro, o regulamento de venda ambulante. Ademais, ratificáronse declaracións institucionais relativas ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero e en defensa do xornalismo.
EDUCACIÓN
"Bandada", gañadora do Premio Compostela de Álbums Ilustrados, na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México)
Dende o 24 de novembro e ata o 2 de decembro estase a celebrar a XXVI Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México. Como noutros eventos internacionais arredor da promoción do libro e da lectura, a Editorial Kalandraka como coorganizadora do Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados, xunto coa Concellería de Educación, acolle no stand da editorial diversas actividades con autores e ilustradores, presentacións de libros, encontros con distribuidores, institucións educativas e culturais, editores, mediadores de lectura,...