XUVENTUDE
Comezan as novas accións formativas programadas por Xuventude para novembro e decembro
Un Curso de Fotografía Nocturna, cuxa primeira sesión está prevista para o 22 de novembro, iniciará as actividades formativas programadas pola Concellería de Xuventude para os meses de novembro e decembro. A proposta inclúe actividades de coaching laboral e un programa de obradoiros enmarcados especialmente no Nadal.
ALCALDÍA
Compromiso do alcalde cos veciños de Nemenzo para acondicionar o campo da festa da parroquia
O alcalde compostelán reuniuse coa Asociación de Veciños Monte de Nemenzo, encabezada polo seu presidente, Jorge Gigirey. Os representantes veciñais expresáronlle a Ángel Currás as principais demandas da parroquia.
CULTURA
O Auditorio de Galicia acolle a sexta edición do Certame Galego de Bandas de Música
A VI Certame Galego de Bandas de Música celebrarase os vindeiros días 16, 17 e 18 de novembro no Auditorio de Galicia. No evento participarán 14 bandas e máis de 1.000 músicos de toda a Comunidade galega.
CULTURA
Continúa o programa de Cineuropa Concerto con Cats & Monkeys na Zona C
O programa Cineuropa Concerto continúa coas súas actividades. O xoves 15 poderemos escoitar aos Cats & Monkeys nun concerto enmarcado tamén dentro do ciclo Compostela Rock. Será a partir das 21:30 horas na Zona C de Bonaval. As entradas, 6 € (+gastos) anticipada e 8 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Principal (aberta dende as 15:00 horas), en Ticketea, A Reixa Tenda e, na Zona C, o día do concerto aberta dende as 18:00 horas.
ALCALDÍA
Herman Koch recibiu o IX Premio de Novela Europea Casino de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Casino de Santiago á entrega do IX Premio de Novela Europea ao escritor Herman Koch.