EMUVISSA
A Xunta Xeral de Emuvissa aproba a súa disolución voluntaria
A Xunta Xeral Extraordinaria da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago (Emuvissa) aprobou a súa disolución voluntaria no marco do cumprimento do Plan de Axuste do Concello aprobado polo Pleno municipal o 30 de marzo de 2012.
TURISMO E PARQUES E XARDÍNS
Santiago celebra o aniversario da Convención do Patrimonio Mundial con visitas, portas abertas nos museos e unha web da Alameda
As concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Parques e Xardíns, María Castelao; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o catedrático de Botánica da USC, Jesús Izco, presentaron as actividades coas que Santiago celebrará o 16 de novembro o 40º aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco, coa que se busca protexer os sitios culturais e naturais considerados de valor excepcional para a Humanidade. Esta celebración enmárcase dentro dun programa de actos conxuntos do Grupo de Cidades...
TURISMO
A oficina de información turística estará pechada ata o 25 de novembro por reformas
A oficina de información turística de Turismo de Santiago, situada na rúa do Vilar, permanecerá pechada ata o 25 de novembro por obras de reforma no seu interior. Seleccionáronse estas datas porque son nas que menor número de consultas se producen en todo o ano, de tal modo que o servizo verase afectado o mínimo posible.
ALCALDÍA
O Concello abordará unha mellora integral das beirarrúas de Fontiñas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e polos integrantes da Asociación de Veciños O Camiño das Fontiñas, percorreu algunhas das rúas entre os Concheiros e San Lázaro e lindeiras co polígono das Fontiñas.
CULTURA
"Foxfire", revolta contra o machismo, e a comedia chegada de Sundance "Liberal arts", entre as propostas da xornada en Cineuropa
Foxfire, que chega a noite do martes 13 ao Principal, é un dos pratos fortes deste XXVI Cineuropa. A firma de Laurent Cantet, cineasta de contrastado compromiso social, gañador en Cannes con A clase, e o premio que obtivo unha das súas actrices en San Sebastián sitúana no foco das atencións deste martes.
CULTURA
The Last Minute Experience presenta o seu novo traballo, "Low cost generation", en Cineuropa Concerto
Logo da inauguración co concerto de Juan Perro, continúa o ciclo Cineuropa Concerto o martes 13 con The Last Minute Experience, que presentan o seu novo traballo, Low cost generation. Será a partir das 21:30 horas na Zona C de Bonaval nun concerto que tamén forma parte do ciclo Íntimo&Acústico. As entradas, a 6 euros anticipada e 8 o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta todos os días dende as 15:00 horas) ou na propia Zona C o día do concerto, a partir das 18:00 horas.
EMPREGO
Entrega de diplomas aos preto de 60 alumnos dos cursos con compromiso de contratación do hipermercado Carrefour
A concelleira de Emprego, Paula prado, xunto coa directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e os responsables de Carrefour, entregaron os diplomas aos preto de 60 alumnos e alumnas que participaron nos cursos con compromios de contratación do hipermercado Carrefour celebrados no CERSIA.