ALCALDÍA
Unha comisión de traballo integrada por Concello, Xunta e Fomento activará o proxecto da estación intermodal do Hórreo
O vindeiro luns, 15 de outubro, constituirase en Madrid unha comisión de traballo integrada por técnicos do Concello, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento, para avanzar no desenvolvemento do proxecto de estación intermodal. Así o anunciaron o alcalde, Ángel Currás, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, tras a reunión mantida entre ambos en Raxoi.
TURISMO
Turismo de Santiago asiste en Noruega a unha reunión do Proxecto Certo para a promoción do Camiño en Europa
Turismo de Santiago participará mañá martes en Trondheim, Noruega, nunha reunión técnica do Proxecto Certo, no que entidades de catro países promocionan conxuntamente tres Itinerarios Culturais Europeos que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxen e a Ruta de San Olaf.
TURISMO
O Centro Superior de Hostalería de Galicia abriu o curso 2012-2013
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu á inauguración do curso do Centro Superior de Hostalería de Galicia. No acto tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares.