TRÁFICO
O Concello e Asociación de Criminólogos colaboran nun plan formativo dirixido a condutores condenados a traballos comunitarios
A gravidade de certas condutas temerarias provocou a súa penalización como delitos. Non obstante, os xuíces teñen a posibilidade de impoñer penas de prisión, multas ou traballos en beneficio da comunidade. Como alternativa para conmutar estas últimas, o Edificio CERSIA acollerá no mes de novembro un programa de formación promovido por Institucións Penitenciarias e financiado pola Consellería de Xustiza e Interior, que ten como destinatarios aqueles condutores da zona de Santiago que foron condenados a penas de...
EDUCACIÓN
Os Encontros Teatrais dos Axóuxeres 2012 arrincan no CSC das Fontiñas
A Escola Infantil Municipal das Fontiñas acolleu a presentación dos Encontros Teatrais dos Axóuxeres, os espectáculos teatrais para bebés de 0 a 3 anos e para as súas familias que chegarán durante as fins de semana do outono a 20 localidades nas que se radican outras tantas entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). O Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o sábado 27, ás 12:00 horas, a primeira destas sesións.
XUNTA DE GOBERNO
Obras de mellora na beirarrúa entre a rúa das Mulas e o tanatorio de Boisaca
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou varias obras a executar nos barrios da cidade, entre elas en Meixonfrío, coa mellora da beirarrúa entre a rúa das Mulas e o tanatorio de Boisaca. Ademais, iniciouse o expediente para contratar o servizo de limpeza, conservación e mantemento dos centros educativos de infantil e primaria da cidade.
PLENO
O Pleno aproba definitivamente a Ordenanza municipal de ocupación e uso da vía pública
Unha vez resoltas as alegacións, o Pleno da Corporación aprobou definitivamente a Ordenanza municipal de ocupación e uso da vía pública. Tamén se deu o visto bo, nesta caso inicialmente, á modificación puntual da Ordenanza de publicidade e rotulación.