URBANISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Axudas de ata 10.000 euros para a rehabilitación de vivendas no ámbito dos camiños de Santiago
Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Urbanismo, María Pardo, explicaron en rolda de prensa o Plan de Axudas para a Rehabilitación de Vivendas nos camiños de Santiago. Nesta mesma xornada detallaron o programa ás 31 asociacións de veciños dos ámbitos afectados, nunha reunión na que tamén participou o alcalde, Xerardo Conde Roa.
MOBILIDADE
O estacionamento Salgueiriños contará cunha área de servizo para autocaravanas
O estacionamento de borde de Salgueiriños incorporará a finais de outubro unha área de servizo para autocaravanas, segundo anunciou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez. Ademais de aparcar o vehículo, os usuarios poderán abastecerse de auga e eliminar as augas residuais.
EDUCACIÓN
O concelleiro de Educación reuniuse cos directores dos colexios públicos de Santiago
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, reuniuse no Auditorio de Galicia cos directores dos colexios públicos de educación infantil e primaria de Santiago.