ALCALDÍA
O renovado parque infantil da Alameda incorpora tres áreas de xogos e un circuíto biosaudable
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a remodelación do parque infantil da Alameda, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Cun investimento de 117.823 euros, o parque conta agora con tres áreas de xogos segundo as idades e cun circuíto biosaudable. A zona estará protexida doutros usos por un valado.
MULLER
Inaugúrase a mostra que recolle o traballo realizado por un grupo de mulleres no taller "A saúde a través da arte"
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, clausurará mañá venres, ás 13:30 horas, o taller A saúde a través da arte. Será no Centro Sociocultural de Fontiñas, onde se inaugurará tamén a exposición Procesos, que recolle o traballo realizado neste taller creativo. Estes dous actos enmárcanse nos actos levados a cabo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo.
COMERCIO
Comenzan as actividades de animación na rúa de Marzo, mes do comercio
O xoves, 13 de marzo, comenzan as actividades de animación na rúa con malabares e zancudos que se desenvolverán no marco do programa de dinamización comercial Marzo, mes do comercio, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Levaranse a cabo dúas representacións, o 13 e o 27 de marzo, entre as cinco e media e as seis e media da tarde na Praza do Toural e na Praza Roxa.
EMPREGO
Máis da metade das persoas que participan no Proxecto Crear V xa accederon ao mercado laboral
O 56% das persoas usuarias do Proxecto Crear V accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo empezou a desenvolver o programa, o 15 de setembro de 2008. Esta cifra de 42 persoas insertadas, 20 mulleres e 22 homes, é 16 puntos superior aos obxectivos fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, que son de 26 participantes, o 35% do total.