ALCALDÍA

O alcalde anima ás cidades integrantes do proxecto PAGUS-AL a seguir traballando na súa renovación urbana

29/03/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, recibiron aos Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Programa Europeo de Asistencia e Xestión Sostible-América Latina (PAGUS-AL). Asistiron representantes das cidades de Santa Fe (Arxentina), Valparaíso (Chile), Colonia (Uruguai), Juiz de Fora (Brasil) e Narni (Italia).

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"A historia vai por barrios" chega a Vite

29/03/2007

Despois de San Pedro, A Rocha e Villestro, o programa "A historia vai por barrios" chega agora á zona de Vite e Guadalupe. A exposición será inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o vindeiro venres 30 de marzo ás 20.00 horas no Centro Sociocultural "José Saramago".

Ler máis

PLENO

Aprobado inicialmente o Regulamento para a Casa das Asociacións

29/03/2007

O Pleno da Corporación municipal aprobou inicialmente o Regulamento de funcionamento e xestión da Casa das Asociacións. O documento define o réxime organizativo deste centro, que estará adscrito á Concellaría de Relacións Veciñais e aberto á súa utilización polas diversas asociacións do municipio.

Ler máis

EDUCACIÓN

Máis de douscentos sesenta alumnos de primaria participaron no Programa de educación pola mobilidade nas escolas

29/03/2007

O venres 30 de marzo terá lugar a última sesión do Programa de educación pola mobilidade nas escolas, que se ven desenvolvendo dende o 26 de febreiro ata o 30 de marzo nos centros escolares de Santiago de Compostela. Nesta primeira edición destinouse ao alumnado de 4º de Educación Primaria. Un total de 262 alumnos de once centros educativos participaron nesta proposta.

Ler máis

AUDITORIO

Os catro cordas principais da Real Filharmonía de Galicia únense para participar no Festival de Músicas Contemplativas

29/03/2007

Logo de 11 anos, a Real Filharmonía de Galicia preséntase coma un proxecto consolidado dentro do panorama musical español. Neste sentido, os seus catro principais de corda (James Dahlgren, concertino; Grigori Nedobora, principal de segundos violíns; Tilmann Kircher, viola principal e Plamen Velev, violoncello principal) únense formando un Cuarteto de Cámara para participar no Festival de Músicas Contemplativas que acolle a Semana Santa en Compostela. Deste xeito, este Cuarteto da Real Filharmonía de Galicia, vén sumarse ao...

Ler máis
Compartir: