CULTURA

Jane Birkin tivo unha cita con Compostela

01/12/2007

Jane Birkin recibiu o Premio Cineuropa nun acto celebrado no Salón Nobre da Casa do Concello. É o terceiro dos galardóns que se outorga nesta edición do Festival e un broche de ouro para outra exitosa convocatoria. Horas despois, a actriz, directora e cantante ofreceu un concerto que pechou un novo ciclo de Sons da Diversidade.

Ler máis

VIVENDA

O desenvolvemento do sur da cidade irá acompañado dun novo centro de saúde e dun complexo polideportivo

01/12/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo polígono Sup-6 de Santa Marta, onde se están a construír 821 vivendas libres. As primeiras destas vivendas serán en breve entregadas aos seus novos propietarios. Ademais, aproveitou o acto para anunciar que nesta lexislatura a zona sur contará cun novo centro de saúde e cun complexo polideportivo.

Ler máis
Compartir: