EDUCACIÓN E BENESTAR SOCIAL

O Concello compromete aos escolares na integración da poboación inmigrante

19/11/2007

Dúas novas campañas educativas permitirán a alumnos de primaria e de secundaria traballar sobre os estereotipos que rodean á poboación inmigrante e contribuír así á súa integración. "En cada rostro igualdade" e "Xunt@s" son os títulos destas dúas iniciativas, promovidas polas concellarías de Educación e de Benestar Social e polo Foro de Inmigración.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A actuación policial e xudicial ante a violencia de xénero, obxecto dun curso dirixido á Policía Local

19/11/2007

A Policía Local asiste do 19 ao 23 de novembro a un curso sobre violencia de xénero. No mesmo analizaranse as últimas novidades que afectan a esta materia tanto no ámbito da actuación policial e da atención á vítima como da coordinación coas autoridades xudiciais. As sesións, organizadas pola Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, desenvólvense en horario de 16:30 a 20:30 horas en distintos locais da cidade.

Ler máis

TURISMO

124 empresas compostelás recibirán a certificación de calidade turística

19/11/2007

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) outorgará este ano 2007 en Santiago de Compostela máis distintivos de calidade que en ningún outro ano, segundo informou a Mesa de Calidade Turística, presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. Este sistema nacional de calidade turística está avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Nace unha nova empresa no marco de Equal Compostela Social

19/11/2007

O 14 de novembro abriu as súas portas a empresa número 57 constituída no marco do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Trátase de O gatoverde, ubicada na Rúa Castaños, número 6, porta 21. É unha empresa de ilustración, deseño e distribución ao por maior de diferentes produtos para a súa venda en tendas de agasallos. Destaca a creatividade e impacto dos seus deseños nos que priman a calidade e as...

Ler máis

TURISMO

O Concello de Santiago e o Xacobeo asinan un convenio para sinalizar a ruta xacobea no municipio compostelán

19/11/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e presidente do consello de administración de Incolsa, Xosé Manuel Iglesias, e o conselleiro de Innovación e Industria e presidente do consello de administración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Fernando Xabier Blanco Álvarez, asinaron en San Caetano un protocolo de colaboración para a sinalización do Camiño de Santiago no Concello compostelán.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde participa en Xixón na Asemblea Xeral das Rexións do Arco Atlántico

19/11/2007

Sánchez Bugallo, en calidade de Presidente da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA) foi convidado a participar mañá en Xixón na Asemblea Xeral da Comisión Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM). A intervención de Bugallo terá lugar na Sala Asturias da Feira Internacional de Mostras de Asturias a partir das 10:00 horas do martes 20, dentro dun debate no que se falará de como utilizar os instrumentos de cohesión europeos para incrementar a capacidade...

Ler máis
Compartir: