EDUCACIÓN E MOCIDADE

Entran en funcionamento os locais de ensaio para grupos musicais

02/03/2006

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos López, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, participaron, xunto aos concelleiros Néstor Rego e Adelaida Negreita, no acto de inaugurarán os novos locais de ensaio para grupos de música que o Concello pon a disposición dos músicos no Estadio Municipal de San Lázaro.

Ler máis

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Teresa Regúlez visita a colectividade compostelá en Arxentina

02/03/2006

A concelleira de Emigración e Inmigración do concello de Santiago de Compostela, Teresa Regúlez, mantivo o mércores 1 de marzo un encontro coa fundación arxentina "Españoles en el Mundo", en Buenos Aires. No encontro falouse da sinatura dun convenio que se materializará durante a visita que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ten previsto realizar nos vindeiros meses de abril ou maio.

Ler máis
Compartir: