MEDIO AMBIENTE E EDUCACIÓN

Un novo programa conciencia aos escolares sobre recollida selectiva de papel e cartón

04/12/2006

O Concello de Santiago de Compostela, dende as concellarías de Medio Ambiente e de Educación, pon en marcha un programa de implantación do servizo de recollida selectiva de papel e cartón en centros educativos do termo municipal de Santiago de Compostela. Este servizo, gratuíto para os centros, será realizado por persoal de COREGAL e terá lugar no presente curso escolar 2006-2007.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Compostela forma futuros voluntarios

04/12/2006

Na véspera da celebración do Día do Voluntariado, a Comisión de Voluntariado do Consello Municipal de Servizos Sociais pon en marcha a ampliación da campaña "Sácalle Punta". Esta campaña pretende promover a acción social entre os mozos e mozas de Santiago.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago busca novos compradores

04/12/2006

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, e o director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galica, Turgalicia, Xesús Pereira, asinaron o convenio para o desenvolvemento da campaña Compostela Capital de Compras, co obxeto de convertir á cidade nun referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Ler máis

INVESTIMENTOS

Novos investimentos para Compostela

04/12/2006

O voceiro do Goberno e deputado provincial, Francisco Candela, anunciou os investimentos para Santiago previstos nos orzamentos da Deputación da Coruña PARA 2007. O órgano provincial destinará a Santiago 1.260.000 euros en subvencións nomitativas, ademais de executar outra serie de proxectos de infraestruturas, deportes ou sociais.

Ler máis

CONSUMO

A OMIC realiza unha campaña informativa sobre a vivenda

04/12/2006

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) pon en marcha unha campaña informativa dedicada á vivenda, abarcando o aluguer, a compra e as comunidades de propietarios. Farase a través da edición dunha guía das que se distribuirán 5.000 exemplares.

Ler máis

TURISMO

Máis dun millón de euros para o Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela

04/12/2006

A Xunta de Goberno local deu conta da sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago para o desenvolvemento do Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela. . En concreto, para o período 2006-2007 establécese un investimento total de 1.100.000 euros, dos que 500.000 están asignados ao presente ano e 600.000 a 2007.

Ler máis
Compartir: