INFRAESTRUTURAS

Aprobado o proxecto de reurbanización da Rúa Valle-Inclán

23/10/2006

A Xunta de Goberno local deu o visto bo ao proxecto de urbanización da Rúa Valle Inclán, que inclúe tamén actuacións na Costa de San Domingos e no entronque coa Ruela da Caramoniña. Estas obras, que se lle encomendan ao Consorcio de Santiago, están presupostadas en 840.262 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de centros socioculturais destina 71.000 euros ás súas actividades para os tres últimos meses do ano

23/10/2006

O Goberno municipal aprobou o orzamento de gastos e ingresos das actividades da rede sociocultural para outubro, novembro e decembro de 2006. Os gastos serán de 71.000 euros, que permitirán dar continuidade a actividades coma os talleres infantís e de maiores, os ciclos de cine, as accións dos clubs de tempo libre, os festivais de música ou os festivais de músicas e demais actividades lúdicas.

Ler máis

MOCIDADE

A Alameda acollerá a carpa do programa "Xuventude, moito que dicir"

23/10/2006

Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá do 7 ao 27 de novembro a exposición itinerante do programa "Xuventude, moito que dicir", da Fundación La Caixa. Un convenio de colaboración desta entidade co Concello permitirá traer a Compostela esta iniciativa, dirixida a recoñecer e potenciar o papel activo dos mozos e mozas na sociedade.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os responsables do proxecto Equal Compostela Social reúnense en Polonia cos seus socios transnacionais

23/10/2006

Os responsables do proxecto Equal Compostela Social veñen de participar en Polonia nunha nova reunión transnacional, na que tiveron ocasión de compartir experiencias e liñas de traballo en común con outros proxectos, tanto da propia Polonia coma de Italia e Grecia. Todos estes proxectos comparten intereses comúns, xa que desenvolven iniciativas encamiñadas á inserción laboral de colectivos con dificultades para introducirse no mundo do traballo. Na viaxe participaron dúas das titoras do proxecto, así como a...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello ratifica o seu compromiso en prol dos enfermos de Alzheimer

23/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), María Isabel Gey Pérez. A xuntanza serviu para reafirmar o compromiso do Concello santiagués en prol destes enfermos, que xa se concretou hai dez días coa sinatura dun convenio.

Ler máis
Compartir: