CONSORCIO
O Consorcio participa nun proxecto da Unión Europea para mellorar a xestión da auga nas cidades, en especial nas de valor patrimonial
Supón un investimento superior aos 2,6 millóns de euros, cun financiamento europeo do 60%.
TURISMO
FairWay abre as súas portas a catro xornadas de reflexión, traballo e comercialización en torno ao Camiño de Santiago
Ata o domingo daranse cita en Compostela máis de 50 relatores, turoperadores e expositores procedentes de 19 países neste evento para todos os públicos que xunta por vez primeira congreso e feira profesional. Na inauguración estiveron presentes Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Rafael Sánchez Bargiela, xerente de Xacobeo, entre outras autoridades. A organización facilita o acceso á feira, que se celebra na Cidade da Cultura de 10:00 a 19:30 horas, a través de autobuses lanzadeira que unen cada media hora a Praza de Galicia...
ALCALDÍA
O alcalde recibe a directiva de Área Central
O alcalde recibiu esta mañá ao xerente de Área Central. Foi unha primeira toma de contacto entre Martiño Noriega e Javier González, que ocupa ese posto na superficie comercial desde o pasado mes de abril.
ALCALDÍA
O alcalde e o concelleiro de Educación visitan a Escola Municipal de Música, que conta con 405 alumnos
Martiño Noriega e Manuel Dios coñeceron as instalacións xunto a pais e profesores. Os alumnos interpretaron varias pezas musicais.
ALCALDÍA
Compostela e Tanabe reforzan os seus lazos de colaboración
As dúas cidades explorarán vías de cooperación comercial e seguirán afondando na colaboración institucional e turística.
FACENDA
O Goberno reúnese coa Dirección Xeral de Catastro para a revisión de 1.977 fincas que comezarán a cotizar como rústicas en 2016
A contía da devolución correspondente ao ano 2015 ascende a 300.000 euros.
ALCALDÍA
O Concello retoma a colaboración co Festival de Cine Euroárabe Amal
Amal15 chega a Compostela con 10 proxeccións que non deixarán indiferentes ao público compostelán. O alcalde asistiu á rolda de prensa na que se deu a coñecer o programa completo.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O Concello de Santiago busca fórmulas para racionalizar o tráfico no casco histórico
O 4 de novembro empezarán a funcionar os bolardos de Casas Reais e San Fiz, e as cámaras de San Francisco e Porta Faxeira. As persoas e entidades que precisen acceder á zona vella poden solicitar un pase ata o 30 de outubro.
EMPREGO
O Concello organiza o 5 e o 6 de novembro o primeiro Foro Colaborativo para o Emprego
O Foro convertirase nun espazo de reflexión entre demandantes de emprego, empresas e axentes sociais para consensuar un Plan de Emprego para Santiago.
POLÍTICA SOCIAL
A Concellaría de Políticas Sociais modificará a ordenanza do Santiago Suma para desbloquear as axudas pendentes
Entre esta semana e a que vén o departamento de Políticas Sociais tramitará 50 das 111 solicitudes presentadas.