FACENDA
Santiago subscribe a Declaración de Zaragoza en demanda dun sistema tributario máis xusto para as administracións locais
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, participou este xoves en Zaragoza nun encontro cos responsables desta área das concellos de Madrid, Barcelona, Alicante, Zaragoza, Badalona e A Coruña. Estas sete cidades subscribiron a Declaración de Zaragoza, a través da cal solicitan ao Goberno central unha reforma do sistema tributario aplicado ás administracións locais e unha maior autonomía financeira.
ALCALDÍA
Martiño Noriega continuou en Fontiñas a súa rolda de contactos veciñais
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Asociación de Veciños Camiño das Fontiñas, continuando así a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais do concello.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece novos concertos gratuítos en Conxo e Bonaval
O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Dentro deste propósito, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director...
CONSORCIO
Unhas 19.000 persoas xa visitaron a mostra fotográfica de Ramón Sánchez Estalote
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións ao redor de 19.000 persoas.
DEPORTE
Este luns darán comezo as obras de mellora no campo de fútbol de Conxo
O Goberno local, da man da Concellería de Deportes, amósase satisfeita por ter sido quen de desbloquear as dúas obras de mellora do campo de fútbol de Conxo, cuxos expedientes foron aprobados en marzo, pero sen que se deixase pechado o proceso de licitación. A adxudicación definitiva de ambos contratos levouse a cabo na Xunta de Goberno Local con data de 7 de agosto e a sinatura dos contratos para a súa execución, 15 días despois da adxudicación.
ACCIÓN CULTURAL
Redrum Teatro estrea "Noiteboa" no Teatro Principal de Santiago
Este xoves 17, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de setembro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a estrea de Noiteboa, o novo espectáculo da compañía compostelá Redrum Teatro. As funcións serán ás 20:30 horas e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días de evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com. O prezo é de 10 euros (7 € no anfiteatro).
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Constituída a Mesa polo Emprego, que marca coma obxectivo o deseño dun plan estratéxico para combater o desemprego na cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiron a constitución da Mesa polo Emprego de Santiago de Compostela, que reúne aos axentes sociais e económicos implicados nesta materia, como Universidade de Santiago, sindicatos, Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación Hostalería Compostela e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
MOCIDADE
Prácticas formativas para mozos e mozas menores de 25 anos en empresas de Reino Unido, Italia e Portugal
A Concellaría de Mocidade colabora coa asociación Erasmus Compostela, que vén de convocar 20 estadías prácticas formativas en empresas, de dous meses de duración, en Reino Unido, Italia e Portugal para mozos e mozas de menos de 25 anos.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños Casa Agraria (Meixonfrío)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións veciñais. Desta vez reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío.
CONSORCIO
Seguen os concertos nos barrios da Real Filharmonía de Galicia
O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da...