EMPREGO

O Servizo de Orientación Laboral atendeu en 2008 a 333 persoas

02/01/2009

O Servizo de Orientación Laboral da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu, en 2008 a 333 persoas. A maioría, concretamente 217 (o 65,2%), eran persoas derivadas do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia. O resto, 116 persoas, achegáronse ás oficinas pola súa conta para solicitar información sobre aspectos relacionados co mercado de traballo.

Ler máis
Compartir: