XUNTA DE GOBERNO
O Goberno inicia a licitación de obras por un importe total de case 400.000 euros
A Xunta de Goberno acordou este venres abrir os procedementos de adxudicación de catro obras distintas, que suporán un investimento total próximo aos 400.000 euros. Entre as actuacións figuran dous dos proxectos seleccionados no proceso de Orzamentos Participativos 2017 para o barrio de Fontiñas: a mellora da iluminación do polideportivo e a mellora da accesibilidade na rúa Dublín.
IGUALDADE
Comezan os debates feministas na Casa Xohana Torres dentro da programación do Día Internacional das Mulleres
A Casa das Mulleres Xohana Torres acolle a partir deste venres 2 de marzo un ciclo de debates feministas sobre diferentes temáticas relacionadas coas desigualdades de xénero. Neles participarán mulleres vencelladas a varios campos profesionais. Desenvolveranse cada venres dos meses de marzo e abril a partir das 19:30 horas.
ALCALDÍA
O Concello celebrará a festa do Banquete de Conxo cun amplo programa de actividades
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou este venres as actividades que preparou o Concello para a conmemoración da festa do Banquete de Conxo. O rexedor deu conta deste programa coincidindo co 162 aniversario "dun dos grandes fitos da nosa historia contemporánea".
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa no acto de presentación do proxecto "Digitalizadas"
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, participou este venres na presentación de Dixitalizadas, un proxecto impulsado por Google.org, a Fundación Mujeres, e a Fundación Cibervoluntarios para a alfabetización dixital de 5.000 mulleres do rural de todo o Estado. O acto estivo presidido pola Raíña, dona Letizia.
MEDIO AMBIENTE
Clausura da campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" cunha xornada sobre economía circular
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia impulsa a celebración da xornada "O papel das cidades na economía circular", que servirá de clausura á campaña Longa vida aos teus residuos electrónicos. O foro terá lugar o próximo 6 de marzo no edificio Cersia.
CONVIVENCIA
A proliferación de velutinas, principal causa do incremento das saídas dos Bombeiros nun 57%
Os Bombeiros de Santiago realizaron en 2017 un total de 2.590 saídas, un 57% máis que o ano anterior. Este incremento débese fundamentalmente ás actuacións para eliminar enxames, que pasaron das 366 de 2016 ás 1.359 en 2017. En só 48 casos os niños eran de abella ou avespa autóctona, fronte aos 1.311 casos de velutinas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia cumpre o seu 22º aniversario
A Real Filharmonía de Galicia, que daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996, cumpre 22 anos. Nace da man da Xunta de Galicia e, desde 2001, o Consorcio de Santiago é o organismo encargado da súa xestión
DEPORTES
O investimento en mantemento de instalacións deportivas alcanzou os 360.000 euros no ano 2017
O Concello de Santiago destinou en 2017 un total de 360.000 euros ao mantemento das 21 instalacións deportivas municipais, dos que 140.000 euros foron para os nove campos de fútbol. As intervencións máis importantes foron as realizadas no campo de fútbol de San Lázaro e nas instalacións de Santa Isabel.
ACCIÓN CULTURAL
Los Pilotos e Aries abren a segunda edición do ciclo Compostela Conversa
Los Pilotos, a banda de Banin e Floren (Los Planetas), que se atopa mergullada no lanzamento do seu novo disco, e Aries, alter ego de Isa Fernández, que segue a deleitarnos co seu fantástico Adieu or die, serán os protagonistas da apertura da segunda edición de Compostela Conversa, un ciclo de carácter único que achega o traballo de artistas a través de fíos comúns non sempre visibles.