CULTURA

Cineuropa acolle a estrea do documental "Liste, pronunciado Líster"

08/11/2007

Un neno de aldea que chegou a xeneral de catro exércitos (o republicano, o ruso, o polaco e o iugoslavo), que naceu co nome de Xesús Liste e morreu co de Enrique Líster. El protagoniza o filme de Margarita Ledo Andión Liste, pronunciado Líster, que será estreado o venres 9 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, no marco do festival Cineuropa.

Ler máis

CONSORCIO

Comeza a edición de outono do "Compostela Organum Festival"

08/11/2007

Entre o 10 e o 25 de novembro tres igrexas da cidade -Universidade, Ánimas, e San Miguel dos Agros- acollerán o ciclo de música Compostela Organum Festival, na súa edición de outono, que completa os concertos anteriores celebrados no mes de maio. Trátase dunha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso da cidade e á revitalización dos órganos destes templos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

Os concellos das grandes cidades e a Xunta colaborarán na elaboración da futura Lei Integral de Condutas Aditivas

08/11/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu xunto cos alcaldes das outras seis grandes cidades galegas a unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, María José Rubio. Todos eles expuxéronlle o seu punto de vista respecto ao problema do botellón e ao tratamento que o mesmo debería ter na futura Lei Integral de Prevención, Asistencia e Inserción en Materia de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas, que prepara a Administración autonómica.

Ler máis

REFORMA ADMINISTRATIVA

Dous novos rexistros no Ensanche e en Fontiñas achegan a Administración aos cidadáns

07/11/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández, visitou o Centro Sociocultural do Ensanche, con motivo da súa posta en marcha tamén como rexistro auxiliar para a entrada de documentación. Este novo rexistro, xunto co do Centro Sociocultural de Fontiñas, vén a desconcentrar este servizo, que se achega deste xeito aos cidadáns.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reitera a "lealdade institucional" do Concello coa Cidade da Cultura

06/11/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu ante a Comisión de Investigación da Cidade da Cultura, no Parlamento de Galicia. Na sua intervención fixo un relato do coñecemento e da participación do Concello no proxecto dende a súa xestación, e reiterou que "a Cidade da Cultura é unha gran infraestrutura cultural de Galicia e a nosa obriga, por lealdade institucional, é a de colaborar plenamente na súa creación".

Ler máis

MOCIDADE

Un novo programa de actividades para a dinamización sociocultural da mocidade compostelá

06/11/2007

O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades para xóvenes do curso 2007-2008. O calendario de actividades comezará cun concerto de presentación, o xoves 8 de novembro, na Sala Capitol, que contará coa actuación de tres grupos dos Locais Municipais de Música: Mito Escrito, Bronquitis Crónica e Hyde. A asistencia é de balde, a partir das 21:30 horas.

Ler máis
Compartir: