NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Continúan as aventuras do conto viaxeiro
Durante este mes de maio estase a desenvolver o programa O conto viaxeiro en diferentes colexios da cidade, entre eles, o Rodríguez Xixirei de Lavacolla, que recibiu a visita das concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao.
DEPORTES
O Auditorio acolle o I Curso sobre dereito do fútbol con expertos ponentes na materia
Presentouno o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, e polo presidente do Comité de Disciplina Deportiva, Ulises Bértolo, tamén director do curso.
CULTURA
O alcalde presentou o ciclo de Música Contemporánea ao Inaem e ao Centro Nacional de Difusión Musical
O vindeiro 3 de xuño serán presentadas en Santiago unhas xornadas de Música Contemporánea organizadas polo Departamento de Cultura do Concello en coprodución co Centro Nacional de Difusión Musical, institución dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O alcalde foi a Madrid para presentar o programa completo tanto no Centro nacional como no Instituto Nacional das Artes Escéncias e Musicais.
CULTURA
Compostela homenaxea a Valle-Inclán cun maratón de lectura organizado pola Fundación Granell
Ao escritor de Vilanova de Arousa vai adicado este ano o maratón de lectura, que como cada ano dende 1998 organiza a Fundación Granell e que en cada sesión escolle un escritor vinculado á figura de Eugenio Granell. As concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao participaron no acto lendo unha pasaxe das obras do escritor.
CASCO HISTÓRICO
A comisión do Casco Histórico dá luz verde ao acondicionamento da Sala de Armas do Pazo de Xelmírez e da Capela do Hostal dos Reis Católicos
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos asuntos abordados na última sesión da comisión asesora do Casco Histórico, na que se aprobaron, ademais das que se realizarán en Xelmírez e no Hostal, obras de restauración no mosteiro de San Martiño Pinario e na Igrexa da Orde terceira franciscana.
SEGURIDADE CIDADÁ
Os particulares e as asociacións poderán solicitar a autorización para as cacharelas de San Xoán do 1 ao 15 de xuño
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, deu conta das normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán, que serán aprobadas na próxima sesión da Xunta de Goberno. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto do 1 ao 15 de xuño e non se atendera ningunha das que se presente fóra do mesmo, nin antes nin despois.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello colabora coas festas patronais de todos os barrios e parroquias
Case medio cento de asociacións de veciños contarán coa colaboración da Concellería de Festas na dinamización das súas festas patronais.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación fixo entrega dos premios do XVIII Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal acolleu o acto de entrega dos galardóns do XVIII Certame de Teatro Intercentros, ademais da representación da obra gañadora: A Catedral, interpretada polo grupo Bululú, formado por alumnos de secundaria dos IES Lamas de Abade e Pontepedriña.
BENESTAR SOCIAL
A Rede Barrio de Conxo-Milladoiro incorpórase á web Compostela Integra
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a xuntanza desta rede, na que se acordoi a acordouse a incoporación do grupo de traballo Barrio de Conxo-Milladoiro a Compostela Integra, páxina web creada pola Concellaría de Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago que serve de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social.
ALCALDÍA
O pintor compostelán Segundo Hevia doa un cadro ao Concello de Santiago
O salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega dun cuadro do pintor compostelán Segundo Hevia á institución municipal. Foi o fillo do artista en ausencia do seu pai, que se atopaba indisposto, o que simbolizou a doazón.