BENESTAR SOCIAL

Un grupo de persoas en situación de pobreza extrema finaliza o Camiño de Santiago cunha recepción no Concello

15/06/2009

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibiu no Pazo de Raxoi un grupo de peregrinos que se atopan nunha difícil e precaria situación. Realizaron o Camiño de Santiago acompañados polos membros das organizacións non lucrativas Igaxes3 e Fundación Rede de Apio á Integración Sociolaboral, que traballan con eles nos seus programas de atención.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Compostela participa nun congreso internacional sobre inmigración en Pisa

15/06/2009

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, participou en Pisa nun congreso sobre as "Políticas de inmigración" no marco da administración municipal. organizado pola cidade italiana dentro do programa de actos do irmandamento que se asinará o martes 16 coa cidade toscana.

Ler máis

ALCALDÍA

O Premio Nobel de Química Roger Kornberg asinou no Libro de Honra do Concello

15/06/2009

Antes de dirixirse ao Teatro Principal para pronunciar unha conferencia titulada Ciencia básica, a esperanza do progreso, o Premio Nobel de Química en 2006, o estadounidense Roger Kornberg, pasou por Raxoi. Alí foi recibido pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e asinou no Libro de Honra do Concello. O científico está en Compostela no marco do Programa ConCiencia.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

Dobre carril de circulación para o tramo de Montero Ríos entre Xeneral Pardiñas e a praza de Galicia por mor das obras

12/06/2009

O tramo da rúa Montero Ríos entre a praza de Galicia e Xeneral Pardiñas gañará un carril mentres duren as obras desta última rúa ata Carreira do Conde. Á vista da conxestión de tráfico rexistrada a raíz do inicio desta actuación, incluída nos Fondos de Inversión Local (FIL), decidiuse darlle dous carrís e trasladar a parada dos taxis á marxe dereita en dirección á praza de Galicia.

Ler máis

TURISMO

Compostela e Braga asinan un protocolo de colaboración empresarial e turística

12/06/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias e a vereadora (concelleira) de Actividades Económicas e Turismo de Braga, Ana Paula Morais, asinaron un protocolo de colaboración. O seu obxectivo intercambiar experiencias en materia de dinamización empresarial e turística coa finalidade de deseñar accións para un máis efectivo desenvolvemento das respectivas economías locais.

Ler máis

EDUCACIÓN

O sábado 13 de xuño remata o prazo de inscrición na Escola de Verán de Inglés

11/06/2009

A Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School) volve a abrir as súas portas. Ata as 14.00 horas do sábado 13 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para esta actividade, a desenvolver no IES Rosalía de Castro, que combina as clases de inglés con obradoiros para mellorar o nivel nesta lingua durante o mes de xullo. As solicitudes, que se poden recoller no departamento de Educación (rúa do Vilar, 13) ou descargar da páxina web municipal (www.santiagodecompostela.gal) deberán...

Ler máis

DEPORTES

Comeza a fase final da Compostela Cup do Camiño 2009

11/06/2009

A Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2009, organizada pola Fundación Compostela Deporte co patrocinio da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo e Caixanova, comeza o venres 12 coa disputa da primeira xornada da modalidade de Fútbol 7 de veteranos. Dezaseis equipos loitarán ata o 21 de xuño polo título de campión. Os campos de As Cancelas e Santa Isabel serán os escenarios da competición.

Ler máis

EDUCACIÓN

Santiago contará coa súa quinta escola infantil a primeiros de 2010

10/06/2009

O Concello de Santiago segue a ter como unha das súas prioridades no ámbito educativo o incremento de prazas para nenos de 0 a 3 anos. Con tres escolas infantís xa funcionando, a do polígono do Tambre abrirá as súas portas no curso 2009-2010. A quinta escola estará detrás do Parlamento de Galicia e estará lista a primeiros de 2010.

Ler máis
Compartir: