URBANA SANTIAGO NORTE
Os axentes veciñais e sociais coñeceron polo miúdo os proxectos do Urbana Santiago Norte a iniciar en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a asemblea ordinaria do Órgano de Participación Cidadá do Proxecto Urbana Santiago Norte, celebrada na propia sede do proxecto na Almáciga. Os axentes veciñais e sociais dos barrios afectados puideron coñecer polo miúdo os principais proxectos aprobados e cuxa execución se iniciará ao longo do exercicio 2010.
EDUCACIÓN
Amplíase a matrícula para a segunda quincena de xullo da Escola de Inglés
A Escola Municipal de Verán de Inglés 2010 English Summer School, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Santiago ofrece prazas para participar na segunda quincena do mes de xullo. Ábrese entón o prazo de matricula para aquelas familias que estean interesadas en que os seus fillos/as participen neste programa.
EMPREGO
Os días 7 e o 8 de outubro celebrarase a primeira Feira do Emprego de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, que se celebrará o 7 e o 8 de outubro no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA), situado en San Lázaro.
CONSORCIO
Vinte e catro canteiros amosaron a súa destreza na talla dunha lousa de granito
Celebrouse na praza do Obradoiro o II Concurso Canteiros no Obradoiro, organizado polo Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral de la Construcción. Participaron 24 canteiros procedentes de diferentes puntos de Galicia. O gañador foi José Manuel Pérez Fontán, de Pontevedra.
ALCALDÍA
O estacionamento de borde de Santa Marta ofrece xa 340 prazas e unha boa conexión co centro a través do autobús urbano
Púxose en marcha o aparcadoiro de borde de Santa Marta, situado entre as rúas Feliciano Barrera Fernández, Julia Minguillón e As Trece Rosas. Por 1,5 euros, os usuarios poderán estar estacionados durante toda a xornada. A capacidade é de 340 prazas, sete delas para minusválidos.
ALCALDÍA
Os adxudicatarios das vivendas de promoción pública en aluguer de Salgueiriños recibiron as súas chaves
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á entrega de chaves aos adxudicatarios das vivendas de promoción pública en réxime de aluguer de Salgueiriños, na rúa Manuel María. No acto tamén participou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
EDUCACIÓN
Os nenos e nenas da Escola Municipal de Inglés realizaron un tramo do Camiño
Con motivo do Ano Xacobeo 2010 os nenos e nenas que participan na Escola Municipal de Verán de Inglés, situada no IES Rosalía de Castro, fixeron un tramo do Camiño de Santiago.
ALCALDÍA
Recoñecemento a Muebles Compostela por 25 anos de patrocinio do ciclismo santiagués
O alcalde compostelán, Xosé. A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi un acto de recoñecemento a Muebles Compostela cando se cumpren 25 anos de patrocinio desta empresa ao Club Ciclista Compostelán. O Concello, o Club e a Federación Galega de Ciclismo quixeron agradecer este labor de mecenado.
EMPREGO
Promoción Económica enviará o Boletín de ofertas de emprego por móbil
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a aplicación interactiva que permitirá descargar o Boletín de Ofertas de emprego Máiscompostela a través do teléfono móbil. Este sistema estará operativo do 15 de xullo ao 30 de setembro, coincidindo coas vacacións de verán, nas que só se publicará un boletín semanal, o dos martes (durante o resto do ano publícase todos os martes e xoves).
COMERCIO
O Concello destina máis de 50.000 euros a actividades de promoción e dinamización comercial
O 19 de xullo remata o prazo de prsentación de solicitudes da convocatoria de Subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial, da Concellaría de Promoción Economica, Emprego, Comercio e Turismo.