CONVIVENCIA
Case mil alumnos e alumnas de 4º de Primaria participaron no "Móvete seguro con Moito Olliño"
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local ven de concluír unha nova edición do seu programa Móvete seguro con Moito Olliño, dirixido ao alumnado de 4º de Educación Primaria. Desta vez, nas actividades participaron 24 dos 25 centros escolares de Compostela e un total de 972 escolares.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Compostela acollerá o primeiro Foro de Economía Social Inspiradora
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá o I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na Adversidade, que ten como obxectivo principal estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio. Celebrarase o vindeiro 15 de decembro no edificio Cersia, en San Lázaro.
PATRIMONIO
O Grupo Cidades Patrimonio celebra a súa Asemblea Xeral esta fin de semana
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, participará este sábado en Cáceres na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade. Previamente, na tarde do venres, celebrarase unha Comisión Executiva preparatoria da reunión e, posteriormente, ás 20:00 horas, entregarse o Premio Patrimonio á Real Fundación de Toledo.
IGUALDADE
O alcalde visita algúns dos establecementos adheridos á campaña "En negro contra a violencia"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e por outros membros da Corporación, fixo un percorrido por algúns dos locais adheridos á campaña En negro contra a violencia, na que participan arredor de 530 establecementos e entidades.
ACCIÓN CULTURAL
"Sieranevada", "Une vie" e "Malgré la nuit" estréanse este mércores en Cineuropa
A programación deste mércores en Cineuropa inclúe a estrea dos filmes Sieranevada, Une vie e Malgré la nuit, ademais dunha mesa coloquio sobre os 30 anos de historia do festival e un novo repertorio de curtas do programa Cinema en curso.
ACCIÓN CULTURAL
Aberta a primeira convocatoria de residencias de creación artística na Sala Agustín Magán
A Xunta de Goberno aprobou o pasado venres a convocatoria de residencias de creación ou estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta. As residencias serán de creación e investigación artística e, aínda que poidan contar con apoio loxístico e técnico, non suporán dotación económica algunha. Trátase da primeira convocatoria que se fai deste tipo para este espazo.
PERSOAL
O Goberno local prepara a primeira Oferta Pública de Emprego dende o ano 2008
O Goberno local presentoulle hoxe aos representantes sindicais do Concello a Oferta de Emprego Público de cara ao ano que vén, a primeira que se realiza dende o ano 2008. Nela inclúense 17 postos de libre acceso, 21 de promoción interna para funcionarios, e oito de promoción interna para persoal laboral.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A EMM acolleu unha sesión sobre interpretación musical histórica con Guillermo Turina
A Escola Municipal de Música continúa coas actividades de promoción e formación musical para o seu alumnado e persoas interesadas da cidade. Nesta ocasión, celebrouse unha sesión formativa a cargo de Guillermo Turina, prestixioso violonchelista especialista en interpretación histórica e musicólogo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Mundial da Infancia con actos cos centros escolares
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou as actividades que organiza o Concello con motivo do Día Mundial da Infancia. Onte, 20 de novembro, cumpríronse 27 anos da Convención dos Dereitos da Infancia, un documento que foi referendado por practicamente todos os países do mundo, salvo Estados Unidos e Somalia, e que foi clave para o desenvolvemento dos dereitos das nenas e nenos nas últimas décadas. Para a concelleira, "o aniversario da aprobación deste texto ten que servir...
CONVIVENCIA
A Policía Local inicia a campaña de educación viaria "Maiores + Seguros"
A Policía Local pon en marcha unha campaña de educación viaria dirixida a persoas maiores, que ten como obxectivo que reflexionen sobre as claves fundamentais dos seus problemas de tráfico. Baixo o lema de "Maiores + Seguros" haberá charlas ao longo de todo o mes de novembro nos distintos centros socioculturais da cidade.