CULTURA
Santiago de Compostela recibe a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela o mércores 19, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego. No acto inaugural estarán presentes a subdirectora do Museo do Pobo Galego, Mª Xosé Fernández, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou.
DEPORTES
O Concello convida os composteláns a participar noutra edición do Día da Bicicleta
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXII Día da Bicicleta, que terá lugar o domingo 7 de outubro. Os composteláns están convidados a sacar un ano máis as súas bicicletas á rúa e a participar nesta xornada de lecer e convivencia.
ECONOMÍA
Santiago de Compostela, concello pioneiro na defensa da propiedade industrial e na loita contra as falsificacións
O alcalde compostelán, Ángel Curras, e o director xeral da Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA), José Antonio Moreno Campos, asinaron un convenio de colaboración para mellorar o coñecemento, a formación e a sensibilización dos dereitos de propiedade industrial, con especial relevancia das marcas e do comercio local. Santiago é o primeiro concello de España que se suma a esta iniciativa.
FAMILIA
Benestar Social duplica a partida de becas de comedor para atender as necesidades das familias máis necesitadas
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, deu conta do incremento do incremento da partida de MAPIS (Manutención, Aloxamento, Promoción e Inserción Social) e, en particular, da destinada a becas de comedor. Así, dunha partida prevista inicialmente para o curso 2012-2013 de 70.000 euros, pásase a unha de 138.000 euros. Deste xeito poderán atenderse as solicitudes para 219 nenos e nenas de familias con baixos recursos económicos.
CULTURA
Roderick Williams, Asmik Grigorian e Christoph Prégardien no XIII Ciclo de Lied
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do XIII Ciclo de Lied. Nel estarán o barítono Roderick Williams, a soprano Asmik Grigorian e o tenor Christoph Prégardien acompañados ao piano, como é habitual no ciclo, por Roger Vignoles. Os concertos celebraranse respectivamente os días 21, 25 e 29 de setembro no Teatro Principal a partir das 21:00 horas.
ALCALDÍA
Blanca Marsillach leva ao Principal unha obra dirixida a persoas con discapacidade
O Teatro Principal acollerá mañá martes, ás 11:30 horas, unha función do Programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade, coa representación de Silencio...Vivimos, de Adolfo Marsillach. As funcións en Galicia desta obra están promovidas pola Deputación da Coruña.
ALCALDÍA
A celebración do 25º aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo incluirá unha exposición sobre a peregrinación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co xerente do Xacobeo, José Paz. Entre outros asuntos, no encontro falaron dos actos previstos con motivo da celebración, o 24 de outubro, do 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
EDUCACIÓN
A apertura da Escola de Salgueiriños sitúa a oferta municipal de prazas infantís nas 249
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistiron á xornada de portas abertas na Escola Infantil de Salgueiriños. Este centro abre este ano baixo a xestión municipal e suma 123 prazas de gardería. Sumadas ás das escolas de Conxo e Fontiñas, a oferta municipal de prazas de escolas infantís sitúase nas 249.
ALCALDÍA
O alcalde participou en Conxo nos actos en honor de San Serapio
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Conxo aos actos con motivo da festividade de San Serapio.
MEDIO RURAL
Luis Bello informou os veciños dos investimentos previstos no rural
O concelleiro de Medio Rural, Alumeado Público e Abastecemento e Saneamento, Luis Bello, informou os representantes de 18 asociacións veciñais do rural de Santiago integradas en FERUSA, así como á directiva da entidade, dos investimentos e actuacións a executar polo seu Departamento nas parroquias compostelás neste 2012 e principios de 2013.