ALCALDÍA
Compostela renovou o seu voto a San Roque
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu un ano máis o tradicional voto da cidade a San Roque. Boa parte da Corporación municipal asistiu a este acto, celebrado na capela de San Roque.
ALCALDÍA E TURISMO
A selección de baloncesto aproveitará a súa presenza en Santiago para homenaxear ás vítimas do accidente de Angrois
O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu a sinatura do convenio para a celebración do partido internacional de baloncesto entre España e Macedonia, que se celebrará o martes 20 de agosto no Multiusos Fontes do Sar. O acordo foi subscrito polo alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo e presidenta de INCOLSA, Reyes Leis; o presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luis Sáez; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.
OBRAS
Case medio millón de euros para obras de mellora en calzadas e beirarrúas de varios barrios de Compostela
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, deu conta de varios proxectos de mellora de calzadas e beirarrúas en nove sectores de barrios da cidade. En total, as obras previstas suman un investimento de 485.645 euros. A previsión do edil é que estas actuacións, agora en fase de contratación, poidan iniciarse a mediados de setembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os plans parciais dos solos 16 e 17 de Aríns, con capacidade para máis de 2.000 vivendas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou inicialmente os plans parciais do SUD-16 de Agra dos Campos e do SUD-17 de Monte do Gozo, ambos na parroquia de Aríns. Estes plans parciais, formulados por iniciativa particular, desenvolven dous sectores que poderían dar cabida a máis de 2.000 vivendas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago reafirma o seu apoio ao labor realizado por Proxecto Home
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitaron o centro terapéutico que Proxecto Home ten en Cernadas (Portomouro – Val do Dubra). As edís puideron coñecer as instalacións e o traballo que nelas se realiza.
ECONOMÍA
Compromiso municipal cos emprendedores da cidade aumentando as axudas a novas empresas ata os 160.000 euros
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou as novas liñas de axudas a emprendedores do Concello de Santiago. Dedicaranse 160.000 euros a apoiar a creación e desenvolvemento de novas empresas na cidade, a maior cifra que se ten destinado a este capítulo por parte do Concello. Segundo destacou Reyes Leis, esta cifra, nun momento de recortes na Administración, é unha mostra do compromiso do Goberno municipal co emprendemento coma un dos principais xeitos de dinamizar economicamente Santiago e fomentar a creación de emprego.
ALCALDÍA
Últimas xornadas do Curso Universitario Internacional Música en Compostela
O tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiu os participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela. Esta edición número 56 rematará o sábado 17 de agosto.
BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
Máis de 20 rapaces e rapazas reciben cada día apoio ao estudo grazas ao programa do USN "Alternativa activa"
A concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, visitou os participantes no programa Alternativa activa. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Urbana Santiago Norte, desenvólvese nos meses de xullo e agosto no Centro Sociocultural da Trisca e nela participan cada día unha media de 23 rapaces e rapazas.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello repartirá 64.800 euros en subvencións ás asociacións veciñais
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno da convocatoria de subvencións para as asociacións veciñais correspondentes ao ano 2013. A partida total dispoñible é de 64.800 euros.
OBRAS
Máis de 200.000 euros para obras en calzadas e espazos públicos de Guadalupe
O Concello vai acometer nas vindeiras semanas varias obras no barrio de Guadalupe, cun investimento previsto de 201.783 euros. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, acompañado da presidente da Asociación de Veciños de Guadalupe, Isolina Barreiro.