ALCALDÍA

Concello e Xunta investirán 17 millóns de euros para que Santiago teña renovadas as súas principais travesías urbanas en 2010

24/09/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, asinaron un convenio para a realización de diversas actuacións de mellora dos contornos urbanos nos accesos a Santiago de Compostela, cara a celebración do Ano Santo 2010. A Administración autonómica achegará dez millóns de euros en catro anos para estas obras e o Concello achegará outros sete millóns.

Ler máis

TURISMO

A China International Radio visita Santiago de Compostela

24/09/2007

Unha delegación de xornalistas da Radio Internacional de China entrevistouse co concelleiro compostelán de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para coñecer a política turística desta cidade Patrimonio da Humanidade.

Ler máis

REFORMA ADMINISTRATIVA

Os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche incorpóranse como rexistros auxiliares

21/09/2007

A concelleira de Persoal e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, presentou a proposta de creación e funcionamento de rexistros auxiliares para a entrada e saída de documentos. A Xunta de Goberno do luns 24 de setembro aprobará esta proposta, que crea rexistros nos centros socioculturais de Fontiñas e de Ensanche, e que concede á Oficina de Atención ao Contribuínte a facultade de admitir tamén a saída de documentos.

Ler máis

URBANISMO

O planeamento urbanístico será dixitalizado e posto a disposición dos cidadáns

20/09/2007

Santiago de Compostela foi elixido por Red.es, entidade dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para participar nun proxecto piloto para introducir as tecnoloxías da comunicación na xestión urbanística municipal. Esta iniciativa permitirá que calquera cidadán poida acceder de xeito doado ao planeamento municipal, que será dixitalizado.

Ler máis
Compartir: