MOBILIDADE
Case 70 representantes da sociedade compostelá participan da primeira xuntanza do Pacto Local pola Mobilidade
Grande acollida e participación na primeira xuntanza do Pacto Local pola Mobilidade, que reuniu no Auditorio de Galicia a case 70 representantes da sociedade compostelana, dos grupos políticos do consistorio e do tecido asociativo.
TURISMO
Santiago(é)Tapas amosa en Madrid a calidade da gastronomía compostelá
A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, e a presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron este martes en Madrid o concurso de tapas da capital de Galicia, Santiago(é)Tapas.
ALCALDÍA
O alcalde acompaña o ministro de Educación e Cultura na súa visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibiu esta tarde a visita do ministro de Educación e Cultura, Íñigo Méndez de Vigo. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañou o ministro no seu percorrido, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a xerente do Consorcio Belén Hernández, entre outras autoridades.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Un curso indaga nas manifestacións literarias e musicais arredor do xogo tradicional
A Concellaría de Educación e Cidadanía colabora no VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico: Xogo, literatura oral e música, organizado pola Nova Escola Galega e a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Serán dúas xornadas de relatorios e obradoiros, os días 13 e 14 de novembro, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O Premio Antonio Fraguas busca unha edición máis os mellores traballos de investigación sobre o traxe tradicional galego
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XXI edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego. Unha vez máis, premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista
A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron catro vítimas no Estado nos últimos días.
ACCIÓN CULTURAL
"Mediterranea", de Jonas Carpignano, en proxección simultánea por toda Europa
Este mércores celebrarase a proxección simultánea de Mediterranea, de Jonas Carpignano, en oito cidades europeas, con ocasión dos LUX Film Days. A película, un drama sobre os refuxiados sen trampa nin cartón, valeulle o premio ao mellor director novel no Festival Cinematográfico de Munich.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reitera o rexeitamento do Concello ao traslado do 061
O alcalde de Santiago recibiu este martes a Xunta de Persoal do 061, que segue coas súas mobilizacións contra o traslado da súa central ao concello da Estrada. Martiño Noriega expresoulles o respaldo do Concello ás súas reclamacións, por canto a situación lle afecta a 250 familias da cidade.
CONSORCIO
A RFG pon en directo a banda sonora ao filme "A muller lixeira" para conmemorar o 25º aniversario do falecemento de Greta Garbo
No marco da 29ª edición do festival Cineuropa, este xoves, 12 de novembro, proxectarase o filme A woman of affairs (A muller lixeira), dirixido por Clarence Brown e con música de Carl Davis. Será ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do director francés Diego Masson.
CONSORCIO
Este xoves, último día para visitar a exposición de fotografías de Ramón Sánchez Estalote exhibida na Casa do Cabido
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promoveu unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra estaba repartida entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías), onde poderá visitarse ata este xoves; e o Museo do Pobo Galego, onde se clausurou a finais de setembro. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións máis de 22.000 persoas.