TURISMO
Turismo ofrece durante esta ponte visitas guiadas para coñecer a Compostela de Rosalía de Castro
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi as novas "Visitas guiadas da man de Rosalía de Castro polas rúas de Compostela", que se celebrarán do 1 ao 4 de novembro como atractivo turístico para a próxima ponte. Na rolda de prensa tamén participou a guía turística Inés Calvo, caracterizada da personaxe de Rosalía de Castro.
ACCIÓN CULTURAL
Aberta a convocatoria do XXIV Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
A Asociación do Traxe Galego, en colaboración co Concello de Santiago e El Corte Inglés, veñen de convocar a XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Un ano máis, haberá premios de 600 e de 1.200 euros para os mellores traballos descritivos e analíticos, respectivamente, sobre a indumentaria tradicional.
ALCALDÍA
O Compostela e o Pontevedra enfrontaranse na III edición do Memorial Antonio Bermúdez
O estadio de San Lázaro acollerá o próximo mércores o III Memorial Antonio Bermúdez, que desta vez enfrontará á S.D. Compostela co Pontevedra C.F. O encontro foi presentado hoxe, nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo; e o fillo do xornalista homenaxeado, Toño Bermúdez.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu esta mañá na cidade portuguesa de Guimarães unha nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico.
MOBILIDADE
Os parquímetros de Santiago xa permiten o pago da ORA con tarxeta
Os parquímetros de Compostela, xestionados pola empresa municipal Tussa, xa permiten o pago dos tíckets da ORA con tarxeta desde mediados deste mes de outubro. Unha vez solucionadas unha serie de incompatibilidades técnicas, derivadas da transición da anterior empresa xestora, o sistema está a funcionar con absoluta normalidade, e non se están a rexistrar incidencias.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa no acto de homenaxe ao falecido director do Museo do Pobo Galego
O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía na homenaxe a Carlos García Martínez, fundador e director do Museo do Pobo Galego, falecido o pasado 17 de marzo.
ALCALDÍA
Chega a Santiago a mostra itinerante "40 anos de España na Democracia"
A dársena de Xoán XXIII acolle dende hoxe a exposición fotográfica "40 anos de España na Democracia", organizada polas Cortes Xerais en colaboración coa Axencia EFE. Á inauguración da mostra asistiron a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a tenenta de alcalde, María Rozas.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local pon en marcha un novo proxecto europeo para avaliar a calidade do aire
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da participación de Santiago no proxecto europeo TRAFAIR, que ten como obxectivo desenvolver servizos innovadores e sostibles que combinen datos de calidade do aire, condicións climáticas e fluxos de tráfico.
MEDIO AMBIENTE
Expertos e expertas de dez países debaten en Santiago sobre a educación para o cambio climático
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou na inauguración do IV Seminario Internacional Resclima, que se celebra este venres e mañá xoves no Auditorio de Galicia. Este foro está organizado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago e pola Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática (REAJA), e conta coa colaboración do Concello de Santiago.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Compostela lidera un proxecto europeo que permitirá a creación dun observatorio do turismo
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, deu conta esta mañá dun novo proxecto europeo no que participará o Concello de Santiago, liderando un grupo de 8 entidades europeas.