LINGUA E EDUCACIÓN
O Concello convoca o certame "Enreguéifate" para contribuír á dinamización do galego entre a mocidade
O alcalde presentou hoxe as actividades organizadas polo departamento municipal de Lingua ao redor das regueifas. Martiño Noriega estivo acompañado por Manolo Maseda, un dos promotores do festival Regueifesta, co que este ano vai colaborar o Concello.
ACCIÓN CULTURAL
Concertos, obradoiro, visitas guiadas e charlas na segunda edición do ciclo ‘De Lugares e Órganos’
Coincidindo coas datas de Semana Santa, a concellaría de Acción Cultural organiza a segunda edición do ciclo De Lugares e Órganos. Música e outras paisaxes de Compostela, que se celebrará do 31 de marzo ao 16 de abril en diversos espazos da cidade. Serán un total de seis concertos, un obradoiro para nenos, tres visitas guiadas polos órganos e tres coloquios arredor deles. Todas estas actividades permitirán escoitar e gozar da música relacionada co patrimonio artístico da cidade xunto co coñecemento...
EDUCACIÓN
Carmen Urrutia, Noela Sanjurjo, Tania Blanco e Raquel Aller, gañadoras do certame Relatos de Auga Intelixente
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a entrega de premios da terceira edición do Certame Literario "Relatos de auga intelixente", convocado por Viaqua. No acto estiveron, ademais das catro premiadas, o concelleiro de Educación, Manuel Dios; o Director de Viaqua, Julio Masid e membros do xurado. Tamén estiveron acompañados de familiares, profesorado e persoal directivo dos centros escolares, así como representantes dos grupos municipais.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e 14 Colexios oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos asinan un convenio para a protección dos conxuntos históricos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e os Colexios oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de 14 cidades veñen de asinar un convenio de colaboración para a protección integral dos conxuntos históricos españois integrados na lista de Patrimonio da Humanidade.
ACCIÓN CULTURAL
Aínda quedan prazas para a sesión deste venres de "Chega unha viaxe en familia"
O Conservatorio Histórico de Santiago acolle mañá a partir das 16.00 horas unha nova sesión do programa Chega unha viaxe en familia, organizada pola Concellería de Acción Cultural. Para esta sesión aínda quedan prazas libres e pode reservarse no teléfono 981564808
CONVIVENCIA
A Policía Local controla máis de 4.500 vehículos na última campaña de vixilancia do uso do cinto
A Policía Local ven de colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña especial de vixilancia do uso do cinto de seguridade. Entre os días 13 e 19 de marzo, foron controlados preto de 4.600 vehículos, e só o 1 por cento dos condutores incumprían a normativa.
EDUCACIÓN
Presentada ao profesorado a XVII Campaña Municipal de Animación á lectura
A galería Sargadelos acolleu na tarde de onte a tradicional presentación da campaña de animación á lectura ao profesorado dos centros de educación infantil e primaria. No encontro participaron 170 profesores e profesoras dos diferentes niveis educativos, o que dá a medida do importante recurso que representa esta iniciativa que ano tras ano capta o seu interese.
TURISMO
Marta Lois asiste á inauguración das xornadas sobre o mercado alemán organizadas pola Cámara de Comercio
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acudiu esta mañá á inauguración dunhas xornadas sobre as potencialidades do mercado alemán que organizou a Cámara de Comercio co gallo da chegada de Lufthansa a Compostela.
CONSORCIO
O alcalde avoga por "rehabitar a cidade histórica" na apertura do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial
Martiño Noriega inaugurou o congreso que se celebrará ata o venres no Museo das Peregrinacións e de Santiago e que está organizado pola Secretaría de Estado de Cultura, en colaboración co Consorcio, o Concello e a Xunta.
MEDIO AMBIENTE
Máis dun milleiro de escolares visitarán o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns ata xuño
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron esta mañá o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns que está a ser reactivado desde o Concello, en colaboración con Ferrovial e coa Universidade de Santiago.