CULTURA

Novas actuacións no Festival D´Gorra da man de Circanelo e Corpo Corto

22/08/2007

Ata o domingo seguiremos a desfrutar, tanto nenos como maiores, das divertidas actuacións que están percorrendo as prazas do Casco Histórico, dentro do Festival D'Gorra, e dos variados estilos músicais que nos trae o Feitoamán. Comezan as actuacións de Circanelo e Corpo Corto, dous grupos especializados na acrobacia mesturada con doses de humor para todos os públicos. Ademais repiten outros artistas, como Los Últimos ou Lupo, por se algún se perdeu o seu espectáculo en días pasados.

Ler máis

ALCALDÍA

O municipio italiano de Osimo invita ao concello compostelán a levar a cabo un irmandamento entre ambas cidades

21/08/2007

Representantes do concello de Campocavallo di Osimo, na provincia italiana de Ancona, e do santuario B.V. Addolorata, situado na zona, acudiron ao Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola alcaldesa en funcións, Mar Martín. Os habitantes desta localidade italiana realizan cada ano a denominada "Festa del Covo", na que constrúen con espigas de trigo unha reprodución dalgún santuario de importancia. Este ano o monumento elixido foi a catedral de Santiago de Compostela por ser unha das referencias máis importantes da comunidade católica...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha guía editada polo Concello permitirá aos emprendedores coñecer os elementos fundamentais á hora de poñer en marcha un negocio

21/08/2007

O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o contido das dez Microguías de Oportunidade de Negocio que elaborará o departamento que dirixe. As guías enmárcanse no conxunto de accións levadas a cabo a través do Plan de Excelencia Comercial, no eixo de actuación denominado Impulso de novas Iniciativas Comerciais.

Ler máis

FESTIVAL D´GORRA

Máis música, humor e malabares nas rúas de Compostela a cargo dos festivais D’Gorra e Feito a Man

20/08/2007

Comeza a segunda semana do Festival D´Gorra cun amplo abanico de actuacións nas diversas prazas do casco histórico compostelán. Entra as actividades programadas para pasar a tarde do luns temos ás 17:30 na Praza da Quintana o Show de Lupo; ás 18:00 na Praza do Toural invitaranos a bailar a actuación de Capuzzi & Stax; e media hora máis tarde, na Praza de Platerías, equilibrios e pallasada asegurada coa actuación de Maku Jarrak. Xa máis entrada a tardiña, ás 19:30 poderemos desfrutar na Praza da...

Ler máis

MÚSICA EN COMPOSTELA

A alcaldesa en funcións anima aos organizadores de Música en Compostela a seguir formando músicos vinculados a Santiago durante 50 anos máis

20/08/2007

Mar Martín recibiu no Pazo de Raxoi aos participantes na edición número cincuenta do curso internacional Música en Compostela. A esta cita, que xa é habitual dentro do programa do curso, asistiron os 125 alumnos matriculados, o director da escola, Antonio Iglesias, e o presidente, Gerardo Fernández Albor.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica desenvolverá un curso sobre eficiencia enerxética

20/08/2007

A actividade formativa está dirixida a persoas desempregadas con coñecementos de electrónica, electricidade, fontanería ou sistemas microinformáticos. Os/as 15 participantes recibirán formación sobre eficiencia enerxética en edificios e sobre auditorías enerxéticas e certificacións enerxéticas nas vivendas.

Ler máis
Compartir: