DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Todo listo para a cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra o 24 e o 25 de novembro
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os detalles da cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra na Cidade da Cultura o 24 e 25 de novembro. Na rolda estivo acompañada polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e pola coordinadora da Maker, Matilde Rodríguez.
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago reunirá persoas expertas de todo o Estado para abordar a situación das persoas sen fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a xornada Abordaxe do senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebrará o vindeiro xoves 29 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos s/n). Na rolda estivo acompañada pola psiquiatra Lucía del Río.
ACCIÓN CULTURAL
Máis dunha vintena de compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas na Sala Agustín Magán
Un total de 24 compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas postas en marcha pola concellería de Acción Cultural dende xaneiro de 2017. No espazo do Centro Cívico de Santa Marta preparáronse 31 espectáculos de artes escénicas grazas a estas convocatorias, as únicas destas características que existen en toda Galicia.
CONSORCIO
A RFG e o Consello da Cultura Galega presentan un disco con obras inéditas do compositor José Arriola
A Real Filharmonía de Galicia e o Consello da Cultura Galega presentaron esta mañá o disco José Arriola. Orchestral Music, con obras inéditas do compositor galego. É o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega que arrincou en 2010 coa edición das obras completas e a gravación no Auditorio de Galicia dun dobre CD, que sae agora á luz da man do selo discográfico Brilliant Classics, unha das mellores editoras de música clásica do.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Novas estreas, encontros con cineastas e a película sorpresa, na xornada deste xoves en Cineuropa
Entre a programación deste xoves en Cineuropa volvemos salientar varias estreas. Ás 18:15 h exhibirase What keeps you alive, un trepidante filme de supervivencia cuxa acción sitúa o seu director, Colin Minihan, nun nada bucólico bosque. De seguido na mesma sala, ás 20:15 h, teremos a oportunidade de asistir ao primeiro pase de Support the girls, de Andrew Bujalski, unha das películas norteamericanas máis celebradas do curso independente sobre un bar con mozas que visten de forma provocadora pero que traballan.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Fran Pintadera e Christian Inaraja reciben o Premio Compostela de Álbums Ilustrados pola súa obra "Cándido y los demás"
O Salón Nobre acolleu o acto de entrega do XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación e Cidadanía en colaboración coa editorial Kalandraka. O alcalde, Martiño Noriega, entregou o galardón a Fran Pintadera e Christian Inaraja, escritor e ilustrador de Cándido y los demás.